FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Contratos-programa
No IES de Mugardos levamos a cabo dúas actuacións dentro dos coñecidos como Contratos-Programa:
|
- Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA).
Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.
Destinatarios: Alumnado da ESO.
Obxectivos:
- Fornecemento de destrezas e coñecementos necesarios nas áreas instrumentais (Lingua Galega, Lingua Española, Matemáticas).
- Adquisición de técnicas de traballo intelectual.
- Adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo.
- Alento ao estudo a través de dinámicas de traballo eficaces.
- Incremento do hábito lector.
- Mellora da súa integración social, no grupo e no centro.
Horario: De xaneiro a xuño, dúas tardes á semana (luns e mércores). Dúas horas cada tarde, de 16:00 a 18:00 horas.
Docentes: Catro profesoras do centro.
Coordinadora: Chelo Gundín
Transporte
- Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.
Con esta actuación tratarase de darlle resposta ao alumnado con maior capacidade e motivación para aprender. Supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado.
Destinatarios: Alumnado da ESO.
Obxectivos:
- Atender o alumnado con maior motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e os seus intereses co fin de seguir avanzando na súa aprendizaxe e na adquisición de competencias.
- Mellorar os niveis de rendemento e os resultados deste alumnado para desenvolver ao máximo o seu potencial de aprendizaxe e elevar os niveis de excelencia do sistema educativo.
- Potenciar a adquisición de competencias a través do traballo por proxectos.
- Impulsar o interese do alumnado polo traballo cooperativo.
Horario: De xaneiro a xuño, unha tarde á semana, xeralmente o luns. Dúas horas, de 16:00 a 18:00 horas.
Docentes: Profesores e profesoras do centro.
Coordinadora: Covadonga Rodríguez-Moldes