FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Alumnado do IES Mugardos presente no XXV Congreso de ENCIGA
Entre os días 22, 23 e 24 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela o XXV Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de CIencia de GAlicia) que reunirá no IES Arzebispo Xelmirez I a profesorado de Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Física, Química e Tecnoloxía de ensinanza primaria, secundaria e universitaria de toda Galicia.
O IES Mugardos estará presente neste evento dun xeito moi especial xa que serán rapaces e rapazas do centro, acompañados da profesora de matemáticas, Covadonga Rodríguez-Moldes, quenes presenten ao profesorado asistente ao congreso traballos que resultaron premiados no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. As comunicacións levan os títulos "Investigación de tamaños na ameixa babosa con alumnado de 3º de ESO" que será exposta o xoves 22 ás 18:30) e "O rectángulo de moda fala galego: O Rei Tángulo" que terá lugar o venres 23 ás 16:30. Desexámollles moita sorte e que fagan un bo traballo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cuadriptico_XXV_Congreso.pdf | 2.62 MB |