Bitácora de Orientación 

 Pienso, siento, soy

Orientación

Semana das Profesións (1.º ESO)

 

 

O alumnado de 1.º ESO visitou esta mañá as instalacións do Centro de Formación Agraria de Guísamo e mais o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A actividade encádrase dento da Semana das Profesións programada polo departamento de Orientación.

Visualización da realidade trans

 

Esta semana, o alumnado de bacharelato coñecemos un pouco máis a realidade das persoas trans. Na tarde do martes, o alumnado de bacharelato e mais 3.º e 4.º ESO escoitaron o testemuño de Hugo e Loli, pertencentes á asociación Arelas.

Reparto de chapas deseñadas por 2.º ESO

Reparto de chapas e imáns
con deseños de 2º ESO

sobre o empoderamento feminino.

 

8 DE MARZO

 

En marcha os programas PROA, Escala na Escola e Igualdade

Esta semana asinamos coa Consellería os denominados Contratos-Programa que son actuacións solicitadas polos centros para a consecución duns obxectivos determinados. Entre estas programas figura a Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) dirixido ao alumnado de 1.º e 2º ESO e para o que contamos cunha docente nova no centro.

Outro programa céntrase na promoción da igualdade que se está a desenvolver a través das titorías coordinado polo departamento de Orientación. Moitas das súas actuacións encádranse no proxecto de centro deste curso arredor da coeducación, a visibilización da mulleres e a loita contra a violencia de xénero.

E tamén está en marcha o programa de excelencia Escala na Escola que nesta ocasión, coa cordinación da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, se convertirá nun club de científico. Entre a súa programación figuran obradoiros de anamorfoses e hologramas, prácticas de laboratorio e impresión 3D. Ademais, abre a aula de matemáticas nos recreos dos venres para xogar e experimentar coas actividades propostas.

 

Visita á UDC

O alumnado de bacharelato visitou hoxe a Universidade da Coruña (UDC). Cambiaron por un día os pupitres do instituto polo da Facultade de Educación (foto), de Dereito ou as instalacións do INEF. Foi unha longa xornada de orientación académica e profesional guiados polo Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante.

Exposición Á violencia de xénero dille...NON

Exposición da Secretaría Xeral da Igualdade

Ata o venres, no corredor principal do instituto

Tamén na rede:

http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/violencia-de-xenero-dille-non

Charlas temáticas

Alimentos transxénicos, a solución? (Venres, 22 de xaneiro)

No marco das actividades ofrecidas pola USC, os alumnos de bacharelato científico puideron asistir esta semana á conferencia impartida por profesores da facultade de Física sobre a enxeñaría xenética.

Educación viaria (Martes, 19 de xaneiro)

O alumando de 1.º e 2.º ESO asistiu o luns a un enconto con persol da DDG no que tiveron oportunidade de recibiri unha chea de información e preguntar sobre asuntos de seguridade vial.

 

Canle de Orienta Galicia

 

 

O departamento de Orientación recomenda
a canle YouTube

ORIENTA GALICIA

htps://www.youtube.com/channel/UCo2W1FRWEkjHHhP6oOsgtag/playlists

Visita a centros de FP en Ferrol

O alumnado de bacharelato visitou este xoves, 12 de marzo, as instalacións de varios centros de FP de Ferrol: CIFP Rodolfo Ucha e CIFP Ferrolterra. Deste xeito puideron coñecer a oferta educativa de diferentes familias profesionais.

Programa ORIENTA

Preme na imaxe para acceder a ORIENTALINE, unha versión reducida do programa Orienta para empregar directamente na internet, nos móbiles, tabletas...

Lexislación : ensinanzas artisticas superiores

Resolución 9  abril de 2014 pola que se ditan instruccións para o acceso ás ensinanzas artisticas superiores que non estean en posesión do título de bacharelato

Implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao, máster universitario e programa de doutoramento na USC e en Vigo

Orde do 10 de abril de 2014 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao, máster universitario e programas de doutoramento nas universidades de Santiago de Compostela e Vigo, para o curso 2014/15

www.edu.xunta.es/fp

lexislacion MECES

 RD 96/ 2014, 14 FEBREIRO, POLO QUE SE MODIFICAN OS rd 127/ 2011, 15 XUÑO, POLO QUE SE ESTABLECE O MECES(Marco Ruropeo de Cualificacións para a Educación Superior) e 1393/2007, 29 outubro, POLO QUE SE ESTABLECE A ORDENACIÓN DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS.

Lexislación no relativo a determinados títulos de técnico superior

RD 94/ 2014, 14 FEBREIRO , POLO QUE SE ADAPTEN DETERMINADOS TÍTULOS DE TÉCNICO DEPORTIVO SUPERIOR NO RELATIVO Á DISTRIBUCIÓN HORARIA E DE CRÉDITOS ECTS DOS MÓDULOS, CONFORME AO EEES.

Lexislacion

Orde do 10 de febreiro de 2014 polo que se desenvolve o Decreto 79/2010 do 20 maio, para o plurilingúismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega.

Visita ao Campus de Ferrol

Lexislación probas para maiores de 20 anos para obter o título de bacharelato e se ditan instrucións

Resolución do 24 de xaneiro de 2014 , pola que se convoca a proba para obter a obtención do título de bacharelato e se ditan instrucións para a súa realización

Mesa redonda co reitor da USC

O reitor da USC, Juan Casares Long, compartiu onte unha mesa redonda informativa no IES de Mugardos. No trancurso do encontro, o reitor presentou a oferta e servizos educativos dos campus universitarios da universidade compostelá. Ao longo da conversa foi respondendo as dúbidas e curiosidades do alumnado de 2.º de bacharelato. 


LOMCE

Lei Orgánica 8/2013, 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa

acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas de arte dramático

Resolución 25 de abril, instruccións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas de arte dramática

acceso e admisión do alumnado a ensinanzas superiores de deseño

resolución 25 de abril de 2013 instruccións para o acceso e admisión a ensinanzas superiores de desño

Centros residenciais docentes

Orde do 3 de marzo de 2013 pola que se convocan prazas de residencias nos Centros Docentes da Coruña, Orense e Vigo

Charla con antigas alumnas (III)

Na terceira sesión das charlas de orientación académica protagonizadas por antigas antigas alumnas estiveron onte no centro Beatriz Martínez, Noelia Barreiro e Noemí Pérez. Cunha coidada preparación informaron de primeira man das súas respectivas carreiras. Un coidadoso repaso do plan de estudo de Educación Infantil, no caso de Beatriz, e a importancia cada vez meirande da Terapia Ocupacional, no caso de Noelia e Noemí.

Ás tres agradecemos a súa gran colaboración na orientación académica e profesional do alumnado de 2.º de Bacharalato xa na recta final do seu paso polo instituto.


Obtención do título de Técnico e Técnico Superior de FP (PROBAS LIBRES)

Lexislación de PF Probas libres

Estudo de idiomas

A charla do programa "A Ponte entre a Universidade e o Ensino Medio" da USC deixouno esta semana unha valiosa información sobre o estudo de idiomas. Recollemos aquí a presentación empregada para transmitir a necesidade e valor de acrediatar o coñecemento de linguas no panorama universitario europeo.

Preme sobre a imaxe

Charla con antigos alumnos (II)

Galería

Seguindo coas sesións informativas protagonizadas por antigos alumnos, esta mañá "regresaron" ao instituto Fernando Nicolás Puentes e José Ramón Fuentes. Nas súas intervencións transmitiron de primeira man ao alumnado de bacharelato as súas vivencias e información académica das súas respectivas titulacións, enxeñaría e traballo social. 
Agradecemos a súa estupenda disposición a compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral. 

Distribuir contido