Skip to Content

Novas

Ligazón ás novas relacionadas coas actividades realizadas polos alumnos.

Benvida ao IES O COUTO en Ourense

Benvidos ao IES O Couto.

 

Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.

 

CALENDARIO

ESCOLAR

biblioteca blogues

 DATAS DE EXAMES

HORARIO DE

TITORÍAS

galeria de fotos

NOVAS PARA

ALUMNADO

 NOVAS PARA

PAIS

 LIBROS DE

TEXTO

AULA

VIRTUAL

 EXAMES DE

MATERIAS

PENDENTES

 

 

Guardar

Guardar

VIAXE A FRANCIA DO 16 AO 23 DE ABRIL

VIAXE A FRANCIA

 

Os alumnos de 4º ESO e 1º BACH viaxan a Burdeos e Paris nunha excursión organizada polo Departamento de Francés. A ANPA do IES O COUTO colaborou económicamente na realización desta viaxe cos socios da mesma.

 

Guardar

VIAXE A JACA

VIAXE A JACA DOS ALUMNOS DE 1º DE BACHARELATO E 4º ESO

organizado polo Departamento de Educación Física

a ANPA DO IES O COUTO colaborou económicamente cos membros socios da mesma.

Na estación probando o material.
catedral de Jaca

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2024-2025

PRAZO ÚNICO

21 DE MAIO A  21 DE XUÑO 2024

 

Devolución dos libros de texto no centro educativo:

  • 19 de xuño 2024 o alumnado de 1º ESO  e 2º ESO
  • 20 de xuño 2024 o alumnado de 3º ESO e 4º ESO
  • A non devolución dos libros de texto en prazo suporá a perda do dereito a axuda do fondo libros.

 

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Dende o 21 de maio 2024 ata o 21 de xuño de 2024. É un prazo único, non haberá outro prazo.

Normativa:

Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica:empregue a aplicación Fondolibros e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

    • IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

    • NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].

 

  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025

Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
  • Se non fixo a declaración do IRPF no ano 2023 terá que aportar un certificado de imputacións de Facenda.

 

 

ENQUISAS DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

 

LIGAZÓNS:

 

 

 

 

 

 INFORMACIÓN:

Listaxe provisional de admitidos e excluídos do Comedor escolar 2023-24

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR 2023-24

Á espera da ampliación de prazas do comedor, prevista inicialmente para o mes de novembro,  infórmase de que xa está dispoñible no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado admitido no comedor escolar. Para confeccionar a listaxe do alumnado en lista de reserva tivéronse en conta os criterios acordados no consello escolar que figuran máis abaixo neste mesmo documento.

En caso de empate entre varios solicitantes realizarase un sorteo das prazas dispoñibles. Este sorteo será público e realizarase o mércores día 18 de outubro ás 11:00 h na dirección do centro.

O venres 20 de outubro publicarase a listaxe de reserva provisional no taboleiro interior do centro. Unha vez publicada a listaxe de reserva provisional, os pais/nais disporán dun prazo de 5 días hábiles para realizar reclamacións e achegar aquela documentación que estimen oportuna (do 23 luns ao 27 venres de outubro, ambos incluídos)

 

 

OBS: Orde de preferencia segundo a normativa actual de Comedores escolares

  1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
  2. Alumnado beneficiario do servizo de transporte escolar.
  3. Ter un/unha irmán ou irmá matriculados no centro e ser usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude. (Fotocopia do libro de familia)
  4. Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.  Certificado polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
  5. Alumnado membro de familias numerosas (Acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto).
  6. Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía. (Acreditar documentalmente ambos progenitores/titores, mediante a seguinte documentación segundo o caso:
    1. Informe de vida laboral expedido polo organismo laboral competente ou certificado da unidade de persoal á que pretenza o empregado público.
    2. Certificado de empresa, xustificativa da duración da xornada e o horario de traballo.
    3. Certificación xustificativa de alta no IAE
    4. Declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.
  7. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.
  8. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado

Os criterios aprobados polo Consello Escolar para o caso de empates (unha vez esgotados os criterios normativos) coa finalidade de ordenar a listaxe de reserva son por orde de preferencia:

  1. Caso de empate no Alumnado transportado: distancia ao centro; Ordenarase segundo á distancia ao centro, a maior distancia maior prioridade.
  2. Caso de empate no alumnado non transportado: Idade; A menor idade mayor preferencia.

Ábrese polo tanto un prazo de cinco días hábiles (dende o 23 de outubro ao 27 de outubro 2023 ambos incluídos) para achegar  documentación na Secretaría do centro e cubrir o impreso de reclamación. O día 30 de outubro publicarase a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

 

Presentación alumnado curso 2023-24

 

 

  • Haberá servizo de transporte para chegar ao centro ás 11:30 h e servizo de comedor o luns 11 de setembro 2023.

 

 >>>> Horario en pdf

  • Prégase puntualidade para evitar aglomeracións na entrada.

  • O alumnado entrará no centro pola porta principal (parte de abaixo do centro).

 


 

PROCESO DE MATRÍCULA NAS PROBAS ABAU (SELECTIVIDADE) - CONVOCATORIA ORDINARIA

O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de xuño de 2023 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación ordinaria de 2º de BAC realizarase entre os días 18 a 19 de maio.

  • Semana do 8 de maio 2023: Recollida de impresos e documentación na secretaría do Centro IES O Couto. Unha vez coñecidas as cualificacións, o alumnado que acade o título terá que cumprimentación de impresos  e abono taxas. É preferible aboar as tasas (título e ABAU) de forma telemática con tarxeta de crédito.

 

  • Día 18 de maio, XOVES á mañá: O alumnado fará entrega de documentación na Secretaría. Cada alumno/a:
    1. Xustificante de abono de tasas matrícula ABAU no banco se non se pagou telemáticamente.
    2. Xustificante de abono de tasas de expedición do título de bacharelato.
    3. Impreso de solicitude do título de Bacharelato.
    4. Impreso de prematrícula en ABAU.
    5. Dúas copias do DNI
    6. Documentación familia numerosa se é o caso, outra documentación.

Horario:

  •    Alumnado de 2º BACH A: de 10:00H a 11:00H
  •    Alumnado de 2º BACH B: de 11:00H a 12:00H
  •    Alumnado de 2º BACH C: de 12:00H a 13:00H
  •    Alumnado de 2º BACH,que non puidese vir antes de 13:00H a 14:00H

 

  • Días 19 de maio venres: O alumnado acudirá ao centro para

    • Comprobación de datos e recollida de impresos para levar a ABAU

 Horario:

  • Alumnado de 2º BACH A:  de 09:00H a 10:00H
  • Alumnado de 2º BACH B: de 10:00H a 11:00H
  • Alumnado de 2º BACH C: de 11:00H a 12:00H

 

  •  Día 22 de maio, luns:

    • Resolución de incidencias

No seguinte documento ofrécese información detallada do proceso para realizar á matrícula:         Información sobre a matrícula e probas ABAU 2023

Engádense tamén as instrucións para o alumnado ditadas pola CIUG para a presentación e a realización das probas. Todo o alumnado implicado debe ler con atención ditas instrucións

Comisión delegada do IES O Couto (lugar de realización das probas):

  •  (CD 19) Facultade de Dereito. Campus Universitario As Lagoas. Ourense

 

 

 

 

AXUDAS PARA ALUMN@S CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

AXUDAS PARA ALUMN@S CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO 2022_23

Pode acceder á resolución dos "Lugares de realización da proba" dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023.

Dita resolución está publicada nos lugares establecidos no número 2 da Resolución do 10 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente (DOG núm. 74, do 18 de abril).

Ligazóns:

- http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1541

- https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/PaxinaInicio.action
 

 

 

Taller de danza Urbana

Obradoiro de danza Urbana levado a cabo na materia de música de 2º de ESO. Coordinado pola profesora de música Olalla Núñez Deza, impartido pola especialista en danzas urbanas Yara Juncal Graña e subvencionado pola ANPA do Centro.

O obradoiro se desenvolveu en 5 sesións. dúas horas de ensaio con 2 grupos, outras dúas horas de ensaio cos outros 2 grupos e a hora final na que se xuntaron os 4 grupos para facer unha gravación da coreografía. Dita coreografía foi unha fusión da música galega na que se usou a muiñeira de Chantada da versión de Carlos Núñez coa danza urbana na que es especialista a profesora que impartiu o Obradoiro.

O resultado final foi unha coreografía ven coordinada e ensamblada na que se incluíron acrobacias de Marco Salvo Castro, Capoeira interpretada por Zuriel Rodríguez Lozano (ambos alumnos de 2º de ESO) e a colaboración de Alicia Babarro de 1º de ESO con break dance.

 

VIAXE A LONDRES 2023 CO ALUMNADO DE 2º ESO

VIAXE A ANDORRA ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES O Couto disfrutou da neve en Andorra nunha actividade organizada polo departamento de Educación Física.

   
   

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Distribuir contido


by Dr. Radut