Skip to Content

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2023-2024

PRAZO ÚNICO ATA O 21 DE XUÑO 2023

 

Devolución dos libros de texto:

  • 19 de xuño 2023 o alumnado de 1º ESO  e 2º ESO
  • 20 de xuño 2023 o alumnado de 3º ESO e 4º ESO
  • A non devolución dos libros de texto en prazo suporá a perda do dereito a axuda do fondo libros.

O prazo para solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e Axudas para material escolar estará aberto dende o 20 de maio 2023 ata o 21 de xuño de 2023. É un prazo único, non haberá outro prazo.

Recoméndase cubrir a solicitude mediante a aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) podendo despois imprimila para entregala, xunto coa documentación correspondente, na Secretaría no centro, ou ben presentala por vía telemática na Sede Electrónica da Xunta.

Nas seguintes ligazóns dispón de información e instrucións detalladas para facer a solicitude, e dos impresos (Anexo I e II) que se deben cubrir:

 



story | by Dr. Radut