Skip to Content

RESERVA E ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

PROCEDEMENTO DE RESERVA (faise nos centros adscritos) Prazo pechado.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS EN 1º BACHARELATO

As solicitudes de praza para 1º de Bacharelato foron baremadas e poden consultarse dende hoxe 25 de abril no taboleiro interior do IES. Ábrese un prazo de reclamación de 5 días hábiles dende o 26 de abril ata o 3 de maio 2024 ámbolos dous incluídos.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS

ESO e 2º Bacharelato

Todas as solicitudes de admisión foron admitidas agás en 1º de Bacharelato onde será preciso baremar.

FASE DE BAREMO 1º BACHARELATO

Do 2 ao 13 de abril

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan. Así mesmo, sinálase para estas solicitudes o número aleatorio que lles corresponde para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde.

ADMISIÓN

QUEN DEBE FACER A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

Alumnado de centros non adscritos ao IES O Couto que desexe continuar estudos no noso centro no vindeiro curso escolar 2024-2025 e alumnado de centros adscritos que non fixera a reserva. Prazo (do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos).

CENTROS ADSCRITOS:

  • CEIP VISTAHERMOSA, CEIP SACO E ARCE, CEIP LUIS MANUEL ACUÑA, CEIP O COUTO.
  • CPRPLURILINGÜE SANTO ÁNGEL e  COLEXIO PLURILINGÜE PADRE FEIJÓO ZORELLE, CPR SEMINARIO MENOR OURENSE

ÁREA DE INFLUENCIA:

NORMATIVA:

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

  • Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo se a demanda de prazas supera a oferta: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, é dicir, dende o 21 de marzo ao 8 de abril 2024

 

VACANTES:

 CURSO 2023-24 1º ESO 2ºESO 3ºESO 4ºESO 1ºBACH CIENCIAS 1ºBACH H. e CCSS. 2ºBACH CIENCIAS 2ºBACH H. e CCSS.
VACANTES  33  24  2  15  2  1  4  0

PRAZOS:

O 25 de abril: Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido. Poderase consultar as listaxes no taboleiro de Secretaría.

A listaxe provisional poderá ser recorrida perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional (do 26 abril ao 3 de maio).  Modelo de reclamación

O 15 de maio publicarase no taboleiro de anuncios a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación.

Contra a resolución definitiva poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de  Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 


  COMUNICACIÓNS:

  • RESERVA DE PRAZA: Todo o alumnado que solicitou reserva en 1º ESO e 1º de Bacharelato foi admitido e obtivo praza.

 

AdxuntoTamaño
modelo reclamación baremo provisional admision alumnado.pdf86.76 KB
Calendario reserva admision curso 23_24.pdf103.57 KB
Area influencia_bacharelato_O Couto.pdf306.17 KB
reas influencia IES_Bacharelato.pdf4.78 MB


page | by Dr. Radut