Skip to Content

Novas

Ligazón ás novas relacionadas coas actividades realizadas polos alumnos.

Coreografía de percusión corporal na rúa. IES O Couto 2022

Coreografia elaborada por Benito Buide para un seminario de percusión corporal organizado polo CFR de Ourense. Interpretada polos alumnos de música de 1º e 2º de ESO e 1º de bacharelato do IES O Couto. Profesora Olalla Núñez Deza. Colabora o Concello de Ourense permitindo que se puidera levar a cabo nas rúas da cidade (Praza Maior e nas Burgas).

 

Clases sen fume

 

Os alumnos de 1º de ESO C participaron durante este curso no programa Clases Sen Fume. Para por fin ao programa, tiveron que realizar una actividade creativa.  Decidiron crear un comic no que todos participaron dalgunha maneira, algún como guionistas, outros debuxantes, outros adicáronse a colorear e outros encargáronse dos diálogos. Como broche final para o proxecto gravaron un video contando una historia baseada en feitos reais. A ver se hai sorte e gañan algún dos premios! Crucemos os dedos!

 

Fotos da graduación de 2º Bacharelato no IES O Couto de Ourense o día 13 de maio 2022

Estimadas familias, as familias que desexen unha copia das fotografías realizadas o día 13 de maio 2022 durante a graduación de 2º de Bacharelato poden pasar polo centro a recoller un DVD coas mesmas a partir do luns 30 de maio.

 

 

Obradoiro de danza galega con Artur Puga

O alumnado de 3º e 4º da ESO participou nun obradoiro de danza galega a cargo de Artur Puga, bailarín de Tanxugueiras.

Visita ao CIFP A CARBALLEIRA co alumnado de 4º ESO de Economía.

O alumnado de 4º ESO de Economía realizou unha visita no IES A Carballeira o día 20 de abril 2022.

 
 

Musiqueando 2022

Musiqueando 2022.

Actividade realizada polo Departamento de música do IES O COUTO,  adicada a visibilización das actividades musicais levadas a cabo nos centros educativos. Nesta convocatoria participaron máis de 30000 centros de toda España.

RESERVA E ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-23

PRAZO DE RECLAMACION Á LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

5 días hábiles despois do día 22 de abril 2022

dende o 25 de abril ata o 29 de abril

As listaxes provisionais de admitidos e non admitidos poden consultarse no taboleiro interior do IES O Couto. As listaxes definitivas sairán o venres 13 de maio de 2022.

-------------------------------------------------------------------------------------

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO

Dende o día 24 de marzo ata o 6 de abril de 2022 (ambos incluídos).

Necesario en 1º ESO, 1º BACHARELATO CIENCIAS E HUMANIDADES.

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

Publicación de listaxe provisional de admitidos o día 22 de abril 2022

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Do día 1 ao 21 de marzo de 2022 estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022-23.

 Quen ten que presentar a solicitude de admisión? Alumnado de centros adscritos que non fixera reserva e alumnado de centros non adscritos ao IES O Couto  que teña previsto continuar os estudos neste centro o vindeiro curso 2022/23.

Nas seguintes ligazóns ofrecése máis información:

Calendario:

  • Solicitude de admisión dende o 1 de marzo ata o 21 de marzo 2022
  • Exposición das listas provisionais de admitidos e non admitidos: 22 de abril.
  • Prazo de reclamacións ás listas provisionais: do 25 de abril ao 29 de abril.
  • Exposición das listas definitivas de admitidos e non admitidos: 13 de maio.
  • Prazo de formalización de matrícula para ESO e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo
    no horario que figure na web do centro.

VACANTES;

  1º ESO 2ºESO 3ºESO 4ºESO 1ºBACH CIENCIAS 1ºBACH H. e CCSS. 2ºBACH CIENCIAS 2ºBACH H. e CCSS.
VACANTES 0 5 0 18 0 0 0 0

 Anexo II SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN PAPEL

Visita ao Centro de Xenómica de Santiago de Compostela

Visita ó Centro de Xenómica de Santiago de Compostela de alumnado de 2 Bacharelato invitados por Ángel Carracedo

Acceso á galería de fotos da viaxe:

 

 
 

Reclamación ás cualificacións

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS

NORMATIVA:

FORMULARIOS PARA REALIZAR A RECLAMACIÓN:

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS ESO E 1º DE BACHARELATO:

         

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS 2º DE BACHARELATO:

         

 

Prazo de matrícula nas probas dos exames oficiais de francés do DELF Scolaire estará aberto do 1 ao 26 de febreiro 2022.

Para matricularse será preciso cubrir a ficha de inscripción na Secretaría do centro xunto co importe da matrícula na proba.

Máis información en Secretaría ou no Departamento de Francés do centro.

 

CONFERENCIA ANGEL CARRACEDO : A INVESTIGACIÓN ENGALICIA A XENÓMICA E AS SÚAS APLICACIÓNS -

CONFERENCIA ÁNGEL CARRACEDO : A INVESTIGACIÓN ENGALICIA
A XENÓMICA E AS SÚAS APLICACIÓNS

 

Ligazón á galería de imaxes

 

CUESTIONARIOS PARA O ALUMNADO - PLAN DIXITAL

ENQUISAS PARA O ALUMNADO

PLAN DIXITAL

 

CHARLA: FP UNHA ELECCIÓN DE FUTURO

CHARLA ORGANIZADA POLA ANPA

FP: UNHA ELECCIÓN DE FUTURO

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

Sorteo público para a designación dos membros da Xunta electoral

Sorteo o venres 29 de outubro ás 11:05 horas en Dirección.

 

 

 

Adolescentes ... Que marabilla!

CHARLA 

o día 14 de Outubro no IES O COUTO

Distribuir contido


by Dr. Radut