Skip to Content

Novas

Ligazón ás novas relacionadas coas actividades realizadas polos alumnos.

ACTIVIDADE BIBLIOTECA DO IES O COUTO

RECEITAS

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN NO IES O COUTO

Obradoiro de ecopercusión levado a cabo polo alumnado de 2 ESO do IES O Couto.

  • Noticia na Voz de Galicia
  • Noticia no Faro de Vigo

Participamos no Festival Musiqueando 2021

Participamos no Festival Musiqueando 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS IES O COUTO 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

BIBLIOTECA DO IES O COUTO : O mundo de Xela Arias

BIBLIOTECA DO IES O COUTO : O Mundo de Xela Arias

Taller de pintura organizado pola ANPA

Taller de pintura organizado pola ANPA

Preme na foto para ver o vídeo.

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no proceso de Admisión de Alumnado para o curso 2020-21.

O protocolo de protección de datos non permite a súa publicación nesta páxina nin facilitar información por vía telefónica, polo que os interesados deberán consultar as listas expostas no interior de centro. O prazo de reclamacións a estas listas vai do 26 ao 30 de abril, ambos incluídos.

As listaxes definitivas serán publicadas o día 14 de maio.

ACTIVIDADE DE AEDA PARA O DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2021

ACTIVIDADE DO DÍA DO LIBRO

23 ABRIL DE 2021

Actividade feita polo alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º ESO A para proxectar nos grupos de 1º e 2º da ESO  nas clases de Lingua Galega ou Lingua castelá.

ENQUISAS DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2021

TALLER PARA PAIS E NAIS - EDUCACIÓN E INTELIXENCIA EMOCIONAL NA ADOLESCENCIA.

TALLER PARA PAIS E NAIS

EDUCACIÓN E INTELIXENCIA EMOCIONAL NA ADOLESCENCIA. 22 DE ABRIL

CONCURSOS ORGANIZADOS POLA ANPA

CONCURSO DE PINTURA ORGANIZADO POLA ANPA

 

 

TIKTOKERS POLA IGUALDADE ORGANIZADO POLA ANPA

BIBLIOTECA : DÍA DOS NAMORADOS

DÍA DOS NAMORADOS NA BIBLIOTECA

DELF escolar 2020-2021

O departamento de francés quere informar ás familias do alumnado que cursa a optativa de francés da posibilidade de presentarse a un exame  externo chamado DELF SCOLAIRE  que a Alianza Francesa convoca en colaboración coa Consellería de Educación coa finalidade de obter un diploma recoñecido nunha ampla maioría de países e que pode mellorar e  enriquecer o currículo dos estudantes.

Os  membros  do  departamento  considérano especialmente interesante para 4º de ESO e 1º de bacharelato (DELF A2 ou B1), así como para 2º de bacharelato (DELF B1 ou B2). Ao longo destes anos  un grupo de alumnos e de alumnas obtiveron o DELF B1 e varios o DELF B2.
Acompañamos esta mensaxe de varios arquivos enviados pola Alianza Francesa ao noso centro:

Do 1 ao 26 de febreiro estará aberto o prazo de matrícula para a inscrición nas probas. Pode descargar aquí  a folla de matrícula.

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

OBTIVO PRAZA TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU NO PROCESO DE RESERVA DENDE CENTROS ADSCRITOS.

Quen pode reservar praza?

a) Alumnado dos centros adscritos: CEIP O Couto,  CEIP Vistahermosa,  CEIP Saco e Arce,  CEIP Manuel Acuña que teña previsto matricularse no IES O Couto no vindeiro curso 2021/22 en 1º de ESO.

b) Alumnado dos centros adscritos: Colexio Padre Feijóo-Zorelle, Colexión Santo Ángel, que teña previsto matricularse no IES O Couto no vindeiro curso 2021/22 en 1º Bch.

O alumnado que non estea comprendido nos apartados anteriores e pretenda cursar estudos no noso centro deberá acollerse ao diposto no proceso de ADMISIÓN.

Prazos

 Do 11 de xaneiro ó 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Documentación

Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente:  - Anexo I

 

ies o couto de mondelovega

PROTOCOLO COVID BIBLIOTECA

Para ver o protocolo COVID da Biblioteca preme na seguinte ligazón:

Distribuir contido


by Dr. Radut