Skip to Content

Dirección

Apertura do prazo de admisión para o vindeiro curso 2024/25

Do 1 ao 20 de marzo permanecerá aberto o prazo para realizar a admisión de alumnado para o curso 2024/25.

Toda a información está tamén dispoñible no sitio web da aplicación da Consellaría.

 

VACANTES PARA O CURSO 24-25

 

Solicitude de reserva de praza do 15/01 ao 05/02

Calendario escolar do centro para o curso 2023/24

Calensario_escolar_2023_24

Luns 11, comezo do curso

O luns 11 de setembro, tal como está establecido no calendario escolar, comeza o curso en Educación Secundaria e Bacharelato, que no noso centro será no seu horario habitual a partir das 8:45 h., co remate das aulas ás 14:15 h.

Haberá servizo de comedor e transporte tamén con normalidade. Saúdos a toda a comunidade educativa do IES Chano Piñeiro neste novo curso que temos por diante.

Listaxe provisional de fondo libros 2023/24

Seguindo as indicacións da ORDE do 10 de maio do 2023 (DOG 19 de maio de 2023) na que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024, xa están publicadas no taboleiro interior do Centro as listaxes de admitidos e excluídos en dito fondo solidario.

Para consultar a listaxe de admitidos de xeito telemático, poden acceder á páxina de Fondolibros do Portal Educativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut