Skip to Content

O alumnado de 3º da ESO gaña o concurso Matemáticas na Raia 2023!

Matematicas_na_Raia

O alumnado de 3ºESO do IES Chano Piñeiro de Forcarei resultou o equipo galego gañador do concurso de resolución de problemas Matemáticas na Raia 2023, organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) xunto coa Associação de Professores de Matemática (APM) de Portugal.

A proba, na que participou alumnado de 3ºESO de toda Galicia, céntrase no fomento do traballo colaborativo e celebrouse o día 23 de marzo. Consistiu na resolución de cinco problemas cun tempo límite de 90 minutos e estes mesmos problemas tamén foron resoltos asemade polo alumnado participante en Portugal. O grupo gañador de cada país recibe como premio unha estadía en Tui con todos os gastos pagados na última fin de semana de maio para participar nun Encontro Matemático dedicado a actividades lúdico-festivas no que o alumnado portugués e galego confraternizará durante estas dúas xornadas realizando  visitas  turísticas  e  competicións  amistosas.

Parabéns ao/ás gañadore/as!



page | by Dr. Radut