Skip to Content

HORARIO RECEPCIÓN TITORES E PROFESORADO

Nos arquivos adxuntos podedes consultar o horario de atención ás familias dos titores dos diferentes cursos e do profesorado.

FONDO E AXUDAS LIBROS

Dende o día 15 de setembro xa temos publicadas as listaxes dos libros adxudicados ao alumnado de 1º e 3º da ESO, podedes consultar no centro.

Tamén temos a disposición para a súa recollida os vales de libros para o alumnado de 2º e 4º da ESO e o vale para o material para o alumnado da ESO.

BECAS 2016-2017 PARA BACHARELATO, UNIVERSIDADE E NECESIDADES EDUCATIVAS

Becas para 1º e 2º de Bacharelato:16 DE AGOSTO ATA 3  DE OUTUBRO

Forma de presentación: a solicitude presentarase mediante formulario online a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Becas para alumnado con necesidades educativas de apoio específico:

Prazo de presentación 8 DE AGOSTO ATA 29 DE SETEMBRO

Forma de presentación: a solicitude presentarase mediante formulario online a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Becas para estudos universitarios:

Prazo de presentación:16 DE AGOSTO ATA O 17 DE OUTUBRO

Forma de presentación: a solicitude presentarase mediante formulario online a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

 

 

A SOLICITUDE se presenta mediante: formulario on-line a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Non hai que aportar documentación pois as unidades encargadas da tramitación consultarán e obterán da administración correspondente todos os datos necesarios para verificar que se reúnen os requisitos xerais, académicos e económicos. 

Só en determinados supostos moi específicos se deberá aportar a documentación concreta que se lle especificará no formulario.

 PARA ACCEDER Á CONVOCATORIA CONSULTADE NA PÁXINA WEB DO MINISTERIO: MEC.es

 

CURSO 2016-2017

BENVIDOS A UN NOVO CURSO.

DESPOIS DUNHAS MERECIDAS VACACIÓNS... 

OS DÍAS 1 E 2 DE SETEMBRO SON OS EXAMES DE SETEMBRO

O día 5 de setembro A ENTREGA DE NOTAS para 2º BACH ÁS 10:30 E O DÍA 6 DE SETEMBRO A ENTREGA PARA 1ºBACH E ESO DE 10:00 a 12:00h

LEMBRAR AO ALUMNADO QUE UNHA VEZ REMATADOS OS EXAMES TENDES QUE DEVOLVER OS LIBROS EN SECRETARÍA...

O PERÍODO DE MATRICULACIÓN EXTRAORDINARIA DO 1 AO 9 DE SETEMBRO

O DÍA 15 DE SETEMBRO AS 8.45H COMENZAMOS DE NOVO AS CLASES EN HORARIO HABITUAL.

ESE DÍA HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE E COMEDOR...

ESPERAMOS VERVOS COAS PILAS CARGADAS E MOITO ÁNIMO...SEN MÁIS UN SAUDIÑO MOI GRANDE E BENVIDOS.

 

Resultado de imagen de imágenes de libros

Lista Admitidos Fondo Solidario Libros

No Arquivo pódese consultar lista provisional de admitidos en Fondo Solidario. O prazo de reclamación serán os días 11 e 12 de xullo.

A listaxe definitiva publicarase o 15 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut