Skip to Content

EDLG

Equipo de dinamización da lingua galega do IES Chano Piñeiro

Día da Ciencia en Galego 2013

O 5 de Novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego, grazas á colaboración dos departamentos de Matemáticas, Bioloxía, Tecnoloxía, Plástica, Lengua Española e Inglés. Unha xornada na que o noso alumnado se achegou de preto a algún dos segredos da Ciencia. Toda a información e imaxes do evento podédelas atopar premendo aquí ou na imaxe.       VÍDEO RESUMO

Día da Ciencia 2013

Viaxe de ida e volta

Velaquí unha das actividades máis pracenteiras e satisfactorias do curso que nos permitiu establecer un vínculo de unión co veciño IES Pintor Colmeiro de Silleda fomentando, ademais, a lectura na nosa lingua. Unha especie de "amigo invisible virtual" no que a rapazada de Forcarei recomenda libros aos mozos e mozas de Silleda, e viceversa. Unha viaxe de ida e volta a través dos libros... en galego!

Máis información: Linguademontes 

1º Concurso de Esopías

Neste curso botamos a andar o que denominamos 1º Concurso de Esopías do Chano Piñeiro. E preguntarédesvos: que é iso das esopías? Pois non son máis que relatos, comentarios ou poemas cun máximo de 140 caracteres cuxa característica principal é que cada palabra leva o mesmo número de letras que as sucesivas cifras do número p.

cartel

Desde o ENDL queremos agradecervos a vosa participación e interese agardando poder seguir levando a cabo este tipo de certames novidosos en vindeiros anos. No noso blogue, podedes ler os textos que participan no concurso.

 

Día de Rosalía

Día de Rosalía

O pasado luns 25 de Febreiro tivo lugar no salón de actos do centro o acto homenaxe a unha das mulleres máis importantes da literatura en lingua galega de todos os tempos. Baixo o título de "Día de Rosalía" a poesía, o son, a imaxe e o teatro combináronse de xeito harmónico como podedes ver no blogue do ENDL:  Lingua de Montes

#recitandocelsoemilio

O pasado mércores 12 de decembro (12/12/12) levouse a cabo en máis de 200 centros de enisno de Galicia un acto homenaxe simultáneo ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. A iniciativa, impulsada pola Coordinadora galega de ENDL, consistía no recitado público, exactamente ás 12 do mediodía, do poema Deitado frente ao mar. Nós quixemos ir máis aló e improvisamos un programa de TV "en rigoroso directo" (por suposto, dirixido e presentado polos profesionais de Telediver) que foi a plataforma perfecta para achegarlle aos alumnos-telespectadores a figura de Celso Emilio.No seguinte vídeo podedes ver o acto completo.

Distribuir contido


by Dr. Radut