Skip to Content

Complementarias

Fotografías Deporte Escolar 2014-2015 (Xogade)

Como engadido ao Plan Proxecta 2014-2015, poñemos a ligazón ás fotografías do deporte escolar do Curso 2014-2015.

Día de Rosalía 2014

O luns 24 de febreiro celebramos un acto co gallo do Día de Rosalía no que participaron, un xeito directo ou indirecto, máis de 80 mozos e mozas. Recitado de poemas, proxección dun vídeo no que verso a verso se recitaba o poema A Xustiza pola man, dramatización musicada do poema Silencio a cargo do alumnado de Música e, como fío condutor, unha viaxe no tempo para entrevistar á nosa Rosalía particular.

Todas as imaxes e vídeos do acto podédelos ver premendo aquí ou na imaxe!

 

ACTUALIZACIÓN (11 de Marzo)

  • Adaptación musical do poema "Silencio"  IR
  • Recitado de poemas  IR

 

Charlas 2º trimestre

Estas son algunhas das actividades complementarias organizadas polo Departamento de Orientación para o 2º trimestre:

- 10 e 14 de febreiro: prevención violencia de xenéro para 2º ESO.

- 11 e 19 de febreiro: información selectivo e acceso á Universidade para 1º e 2º Bacharelato.

- 25 de febreiro: información Ciiclo Superior para 2º Bacharelato.

- 9 de abril: riscos de internet para 2º ESO.

- 9 e 10 de abril: educación sexual para 3º ESO.

Charla Universidade de Vigo

O martes, día 26 de novembro, o alumnado de 2º de Bacharelato terá unha charla informativa,de cáracter xeral, sobre as titulacións, becas, residencias...ofertadas pola Universidade de Vigo.

SAÍDA AO TEATRO

O DÍA 30 DE OUTUBRO O ALUMNADO DA ESO ASISTIRÁ A OBRA DE TEATRO : "SMOKE CITY", REPRESENTADA POLO COMPAÑÍA "MALA SOMBRA".

 

A OBRA DE TEATRO QUE ABORDA UNHA PROBLEMÁTICA MOI DE ACTUALIDADE, COMO É A DO TABAQUISMO,  TERÁ LUGAR NO MULTIUSOS DE SOUTELO DE MONTES DENDE ÁS 12:30 HS ATA ÁS 14:15HS E SERÁ TOTALMENTE GRATUÍTA PARA O NOSO ALUMNADO XA QUE ESTARÁ FINANCIADA POLO CONCELLO DE FORCAREI.

 

CON" SMOKE CITY"PRETENDEMOS APORTAR O NOSO GRAN DE AREA Á LOITA CONTRA O TABAQUISMO.

Distribuir contido


by Dr. Radut