Skip to Content

EDLG

Equipo de dinamización da lingua galega do IES Chano Piñeiro

Lingua de Montes Dixital Curso 2014/2105

Desde o EDLG traémosvos a versión dixital da revista Lingua de Montes correspondente a este curso 2014/2015. 

Só tedes que premer na imaxe para disfrutala!

Día da Ciencia en Galego 2014

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o pasado 4 de novembro celebramos no instituto o Día da Ciencia en Galego. Así, todos os alumnos, alumnas e profesores puideron visitar os diferentes obradoiros que, para a ocasión, prepararon os departamentos de Matemáticas, Música, Bioloxía, Tecnoloxía e Lingua Castelá. Ademais, como novidade, este ano convidamos aos nenos e nenas do cole a que se achegasen connosco ao mundo da ciencia.

Xogando coa química     Sensores

Tedes toda a información sobre as actividades que desenvolvemos nesa xornada no blogue da Equipa de normalización (Lingua de Montes) pero, a modo de aperitivo, preme na imaxe para ver o vídeo-resumo.

Vídeo resumo

Lingua de Montes Dixital Curso 2013/2014

Rematando o curso, presentamos esta nova publicación dixital coa que queremos facer un pequeno percorrido polas actividades desenvolvidas polo EDLG ao longo do curso. Vaia por diante o noso agradecemento a todos os Departamentos Didácticos que colaboraron connosco e, como non, a todo o alumnado que, dunha maneira ou doutra, nos botou unha man nos últimos meses. 

Para botarlle un ollo á revista, só tedes que premer sobre a imaxe!

 

Desde o mundo a Forcarei

Desde o mundo a Forcarei son unha serie de vídeos nos que o alumnado estranxeiro que estuda no noso centro fala da nosa lingua tanto desde a súa experiencia, como reflexionando sobre a situación actual da mesma.
Podedes acceder a todos os vídeos premendo na seguinte ligazón.  PREMER

E, como mostra, o capítulo de Nicoleta, alumna de orixe romanesa que cursa 1º de Bacharelato.

  

Día de Rosalía 2014

O luns 24 de febreiro celebramos un acto co gallo do Día de Rosalía no que participaron, un xeito directo ou indirecto, máis de 80 mozos e mozas. Recitado de poemas, proxección dun vídeo no que verso a verso se recitaba o poema A Xustiza pola man, dramatización musicada do poema Silencio a cargo do alumnado de Música e, como fío condutor, unha viaxe no tempo para entrevistar á nosa Rosalía particular.

Todas as imaxes e vídeos do acto podédelos ver premendo aquí ou na imaxe!

 

ACTUALIZACIÓN (11 de Marzo)

  • Adaptación musical do poema "Silencio"  IR
  • Recitado de poemas  IR

 

Distribuir contido


by Dr. Radut