Skip to Content

Complementarias

Calendario 2020: As beiras do Lérez

Un ano máis quixemos agasallar a toda a comunidade educativa do IES Chano Piñeiro cun calendario. Nesta ocasión o protagonista é o río Lérez, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. Agardamos que vos gustase!

Preme na imaxe para acceder a el.

Mil millóns de ollos para mil millóns de estrelas

Dentro dos actos de conmemoración do 10º aniversario do Observatorio Astronómico de Forcarei, os corredores do noso centro acollen estes días a exposición divulgativa itinerante sobre o satélite GAIA da Axencia Espacial Europea titulada Mil millóns de estrelas para mil millóns de ollos. Nela móstrase, a través de diferentes paneis, as propostas de distintos científicos europeos para medir as posicións, as distancias e movementos de mil millóns de estrelas.


Esta exposición, complementa a outra que se pode visitar ata o 11 de outubro no Concello de Forcarei que leva por nome 400 lúas emocionadas do catedrático de Escultura da Facultade de Belas Artes da Coruña Juan Fernando de la Iglesia.

7 CONSTELACIÓNS QUE XA NON SON INVISIBLES

O vindeiro luns 30 de setembro, a partir das 12:35 horas, o alumnado de 4º ESO e bacharelato asistirán no salón de actos do centro, ao espectáculo "7 constelacións que xa non son invisibles" protagonizado pola artista Estíbaliz Espinosa.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto #VIOLENCIA CERO da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Forcarei.

Fotografías deporte escolar 2015-2016 (Xogade)

Como engadido ao Plan Proxecta 2015-2016, poñemos a ligazón ás fotografías do deporte escolar do curso  2015-2016 (Xogade).

Día da Ciencia en Galego 2015

Se premedes na imaxe poderedes ver o vídeo resumo das actividades desenvolvidas no Chano Piñeiro co gallo do VI Día da Ciencia en Galego. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Preme para acceder ao vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut