Skip to Content

Orientación

Departamento de orientación

Título libre ESO

Resolución do 8 de xaneiro de 2013, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado na Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. Máis información no Departamento de Orientación.

Acceso ciclos formativos

Probas de Acceso a ciclos formativos para o ano 2013 : O Diario Oficial de Galicia do luns 21 de xaneiro publica a orde de convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para o ano 2013.

AXUDA LIBROS TEXTO 2012-2013

Prazo de presentación de instancias: a) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive. b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive. Documentación a presentar (Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria): Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2010, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como: - Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante. - Certificado ou volante de convivencia. - Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar. b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2010 - Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou  - Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidad. c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa. Nota: para calcular a renda familiar deberanse sumar as casillas da Renda 2010 455 e 465 e dividila logo polo número de membros computables da unidade familiar. Máis información: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria (aquí podedes descargar a solicitude)

TEST ORIENTACIÓN VOCACIONAL

Aquí van enlaces con diferentes tests de orientación vocacional:

- ALIPSO

- ELIXE PROFESIÓN

ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Dende aquí podedes consultar información interesante sobre diferentes profesións: entrevistas a profesionais que contan como comezaron, salario, horarios...Anímovos a que vexades as máis descoñecidas...a sorpresa pode ser gratificante!

Distribuir contido


by Dr. Radut