Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2021/2022.

Seguindo as indicacións da Orde do 6 de maio (DOG 20 de maio de 2021) na que se regula a participación no fondo solidario de texto para o curso 2021/2022, xa están publicadas no taboleiro interior do Centro as listaxes de admitidos (NON hai excluídos) en dito fondo solidario. As listaxes definitivas publicaranse o 15 de setembro.

Para consultar a listaxe de admitidos de xeito telemático, poden acceder á páxina de Fondolibros do Portal Educativo.

Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao número 886151228 en horario de 9:00 a 13:00.

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2021

No arquivo adxunto indícanse o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro para este curso 2020/2021.

Preme na imaxe para acceder a el.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

No arquivo adxunto indícanse a listaxe dos libros de texto de cara ao curso 2021/2022.

Preme na imaxe para acceder a el.

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

A partir do 25 do xuño e ata o 9 de xullo está aberto o prazo para a formalización de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 tanto para o alumnado que se incorpora a 1º ESO como para todo aquel alumnado do centro que teña superadas todas as materias na avaliación ordinaria de xuño.

O sobre da matrícula está á súa disposición na secretaría do centro e deberán traelo debidamente cuberto dentro do prazo establecido xunto coa documentación correspondente. 

 

O alumnado con unha ou máis materias suspensas deberá agardar ao período de matrícula extraordinaria tras a realización das probas de setembro. 

UMIA e LÉREZ

Presentamos o 1º número de UMIA e LÉREZ, revista editada polo EDLG do centro na que se plasman as viaxes pola nosa contorna que realizou durante este curso o alumnado de 1º ESO todo co dobre obxectivo de dar a coñecer e de por en valor o noso patrimonio.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut