Skip to Content

Proxecto Ríos: Inspección de outono do río Lérez

O mércores 6 de outubro o alumnado de 1ºESO, xunto con profesorado dos departamentos de  Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas, realizou a inspección de outono do río Lérez ao seu paso  pola área recreativa de Cotelo. Dita actividade forma parte do Proxecto Ríos (Proxecto Ríos –  Un proxecto de ADEGA (proxectorios.org)), iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental  promovida pola asociación ecoloxista ADEGA (ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de  Galiza) no que o IES Chano Piñeiro participa dentro do Plan Proxecta.  

Para a realización desta actividade o alumnado contou co asesoramento e as explicacións de  Paco Bañobre, educador ambiental de ADEGA.  

Nesta inspección analizouse o estado de saúde deste treito do río Lérez mediante o estudo de  diversos parámetros e bioindicadores: estudo da biodiversidade (fauna e flora), análise da  calidade fisicoquímica (temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto na auga), clasificación dos  macroinvertebrados (larvas de cabaliño do demo, de mosquito, ...) que viven no leito do río e  son bioindicadores, etc.  

Cos datos obtidos nestas inspeccións realizadas polos grupos participantes en diferentes ríos  galegos, ADEGA elabora un informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos que se publica  anualmente

 

Proxecto Ríos – 2º de ESO: Pesca sen morte

O mércores 29 de setembro tivemos a oportunidade de contar coa presenza de David Arcay na área recreativa do Cotelo. Este pescador, catro veces campión do mundo de pesca sen morte, contounos moitas das súas experiencias na práctica desta modalidade deportiva. 

Despois dunha pequena introdución sobre os ecosistemas fluviais e a importancia da súa conservación, fíxonos unha demostración no río Lérez de como realiza a súa actividade, pescando varias troitas sen morte e empregando a mosca como cebo. 

Agardamos que con esta iniciativa continúe a tradición troiteira en Forcarei. 

AXUDAS PARA O ESTUDO DO CONCELLO DE FORCAREI

AXUDAS ESTUDO CURSO 2021/2022 PARA FAMILIAS EN SITUACION DE DIFICULTADE SOCIO-ECONOMCA.

Prazo ata o día 6 de outubro

Para máis información: Concello de Forcarei

 

Información inicio de curso

O vindeiro mércores 15 setembro, tal como está establecido no calendario escolar, comeza o curso en Educación Secundaria e Bacharelato, que no noso centro será no seu horario habitual a partir das 8:45 h., co remate das aulas ás 14:15 h.

Haberá servizo de comedor e transporte tamén con normalidade.

Quedan prorrogadas as medidas acordadas e implementadas o pasado ano para desenvolver a actividade educativa con seguridade recollidas no Plan de Adaptación á situación COVID-19. 

Informarase proximamente das actualizacións dos protocolos que se desenvolvan a este respecto, adecuándose ás novas normativas e á evolución da pandemia.

Saúdos e saúde a toda a comunidade educativa neste novo curso que temos por diante.

Convocatoria extraordinaria de setembro 2020/21 e matrícula

 

Indicacións para a convocatoria extraordinaria de setembro

RECOLLIDA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

A entrega dos boletíns de cualificacións terá lugar o vindeiro luns 6 de setembro segundo o seguinte horario:

Entrega de notas ESO e BACH de 10:00 h. a 11:00 h. nas aulas de referencia.

Atención ao alumnado por parte de todo o profesorado: de 10:00 h. a 13:00 h.

 Co fin de manter as medidas de seguridade sanitarias establécense as seguintes instrucións:

  • Agardar fóra das instalacións polas indicacións dun membro do equipo directivo.

  • É obrigatorio o uso de máscara e do xel hidroalcohólico situado á entrada do centro.

  • Só poderá recoller o boletín unha persoa por alumno/a.

  • En caso de non poder acudir á hora marcada, os boletíns gardaranse na secretaría do centro.

O período de reclamación ás cualificacións será o luns 6 de 11 a 13 h. e martes 7 de setembro de 9 a 13 h. na secretaría.

LEMBRAR QUE DEBEN RECOLLER O SOBRE DE MATRÍCULA PARA O CURSO SEGUINTE E DEVOLVER OS LIBROS.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA

A matrícula extraordinaria para o curso 2020/2021 será o

  • Martes 7 de 8:30 a 13:00 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut