Skip to Content

Matemáticas

Departamento de matemáticas

Paseo Fotográfico Matemático por Forcarei

O alumnado de 4º ESO, cámara en man, fixeron un percorrido pola vola capturando aqueles recunchos onde a matemática estaba agochada. Das máis de 700 fotografías recompiladas seleccionamos un cento delas para facer unha exposición. Preme na imaxe para acceder a máis información.

A maxia da Banda de Moëbius

O Departamento de Matemáticas organizou para o Día da Ciencia en Galego 2014 un obradoiro no que o alumnado puido descubrir algunha das propiedades máxicas da Banda ou Cinta de Moëbius. Armados unicamente cunhas tesoiras, cinta adhesiva e unha tira de papel puideron comprobar que ten unha única cara e un só bordo así como algunha das súas propiedades topolóxicas.

Cartel

Cúpulas Xeodésicas

Este curso para colaborar no Día da Ciencia en Galego que coordinou o ENDL o pasado 5 de novembro, pensamos en desenvolver un obradoiro de Cúpulas xeodésicas aproveitando que o seu creador, o arquitecto Richard Buckminster Fuller, era uns dos persoeiros homenaxeados xunto co artista galego Isaac Días Pardo e a matemática especializada na estatística, Florence Nigthingale.

2º Concurso de Fotografía Matemática

cartel

Con esta xa son dúas as edicións do Concurso Fotográfico que organizamos desde o Departamento. Aínda que estamos contentos coa participación, agardamos que para cursos vindeiros vos animedes máis! Moitas grazas a tod@s!

Nesta edición, as fotografías presentadas podédelas ver na seguinte presentación:

Distribuir contido


by Dr. Radut