IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Club de lectura de adultos José Beceiro

Club de lectura adultosQueremos convidar a todos os membros da nosa comunidade educativa a participar no Club de Lectura de Adultos José Beceiro. Encántanos abrir as nosas portas a xente nova que queira compartir o seu gusto pola lectura con nós. 

Funcionamento do Club.

      • Reunímonos o primeiro xoves de cada mes.
      • Comezamos ás 16’45 h. e nos quedamos ata as 18’30 h. máis ou menos, aínda que é frecuente que alguén teña que marchar antes.
      • En cada sesión comezamos falando do libro que acabamos de ler, Mónica nos fai unha breve introducción sobre o autor e a época e, para rematar, devolvemos o libro xa lido e collemos o do mes seguinte.
      • Nunca hai que comprar ningún libro. Entregámolos en préstamo gratuitamente.
      • As reunións teñen un ton moi distendido .
      • Procuramos que as lecturas sexan variadas e amenas; lemos obras de moi distintos países e épocas, e de diferentes xéneros. Tamén é posible propoñer lecturas.
      • Temos un blog no que publicamos os anuncios de cada reunión e un resumo da sesión anterior: http://cataboisbiblio.blogspot.com.es/
      • Para calquera dúbida, poñédevos en contacto co centro: 881 93 02 39.

Agardámosvos a todos con ilusión.



Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer