Actividades 2023/2024

Visita ao Concello de Vigo

O alumando de 2 da ESO visitou, en distintas quendas, as dependencias do Concello de Vigo.

Foron recibidos por distintos concelleiros que lles derin a benvida e lles ensinaron as distintas salas do edificio, dende o salón de plenos, a sala de prensa, as oficinas ou a sala de cámaras de seguridade. Toda unha boa experiencia para coñecer como se organiza a nosa cidade.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita saída ao Concello

Visita ao Parlamento de Galicia

O alumnado da materia de Oratoria, tanto de 3 coma 4 da ESO, visitou o Parlamento de Galicia. Coñeceron as instalacións onde os políticos da nosa comunidade deciden o porvir do país. Puideron, incluso, sentar no hemociclo e realizar unha práctica.

Ademais, aproveitaron a xornada para coñecer máis en profundidade Santiago de Compostela. Visitaron a catedral, a Alameda e algunha facultade.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita ao Parlamento de Galicia

O Hibisco púrpura, lectura do Club de lectura de adultos

O club de lectura de adultos reuniuse para debullar a lectura proposta do primeiro trimestre, O hibisco púrpura de Chimamanda Ngozi.

 

Visita do poeta Moncho Iglesias

O poeta, e tamén exprofesor do Castelao, Moncho Iglesias deleitounos cun recital de poesía. Asemade, fixo un percorrido pola súa experiencia vital, falándonos sobre os diferentes países onde viviu.
Fixo especial fincapé en Palestina, zona de forte inspiracións para a súa obra.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita do poeta Moncho Iglesias

18 de decembro, día internacional das persoas migrantes.

 

Coincidindo coas celebracións de Nadal, ás portas xa das vacacións, concursos, presas, e carreiras polos corredores, non nos esquecemos de celebrar 

18 de decembro

día internacional das persoas migrantes.

 Verónica García (técnica de transformación social), e Momadou Diagne (técnico referente de migracións e diversidade) de Médicos do Mundo, con motivo da celebración deste día, e dentro do programa que se está a desenvolver no IES Un mundo en movemento”, agasállanos cun concerto de Tato López e Rafael Briceño da Casa da Trova-Espazo de Arte.  

Todos e todas somos axentes impulsores e importantes para o desenvolvemento, a prosperidade e o progreso. 

            

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> 18 de decembro, día internacional das persoas migrantes.

Obradoiros de habilidades sociais

 As alumnas e alumnos de 1º ESO participaron ao longo do primeiro trimestre nos obradoiros impartidos pola fundación Amaina para mellorar as súas competencias sociais e interpersoais.

Mellorar as estratexias de comunicación interpersoais, o respecto, a empatía, a escoita activa,  e a resolución de conflitos de xeito asertivo son claves para unha convivencia positiva.  

Álbum: Curso 2023/2024 -> Habilidades sociais

Exposición Sen Cancelas

Dende finais de decembro temos no noso centro a exposición Sen Cancelas, cedida polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Educación.

Esta é unha das iniciativas encamiñadas a dar a coñecer entre a mocidade a loita de Galicia contra as diferentes discriminacións que seguen a existir na sociedade.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición Sen Cancelas

Visita á exposición Vigo no tempo

O alumnado de 4º da ESO visitou a exposición Vigo no tempo. Os participantes puideron descubrir a evolución da súa cidade e segredos descoñecidos. 

VIGO NO TEMPO é a quinta das mostras que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo e A Coruña, a proposta continúa o seu percorrido en Vigo co obxectivo de reinvindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita exposición Vigo no tempo

Obradoiro de iudo e defensa persoal

O alumnado de 4 da ESO recibiu esta semana un obradoiro de iudo e defensa persoal.

A encargada de impartilo foi Carla Garabatos, adestradora nacional de iudo e seleccionadora galega, e antiga alumna do Centro. Acompañouna Carlos Garabatos, coordinador das escolas federativas de ocio de Pontevedra e seleccionador técnico da selección galega de iudo.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Obradoiro de iudo e defensa persoal
Distribuir contido