Cursos anteriores

Contacontos inglés-galego

Un ano máis, o dúo integrado por Charo Pita e Patricia McGill pasou polo noso Centro para deleitarnos co seu espectáculo de Contacontos en inglés e galego. Nesta ocasión foi o alumnado de 1° e 3° da ESO o que tivo a oportunidade de gozar desta forma orixinal de contar novas e vellas historias e do humor e a profesionalidade destas dúas artistas do relato oral. E quedaron encantad@s!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Burlington 1

Obradoiro de crêpes bretones no instituto

Connaître une langue et la culture d'un pays passe aussi par la gastronomie. Jéremy nous a fait découvrir dans son "food truck" la culture bretonne grâce aux crêpes, dessert essentiel dans la cuisine française. Il a partagé son savoir-faire avec les élèves de notre centre qui se sont vraiment régalés !


Coñecer o idioma e a cultura dun pais pasa tamén pola gastronomía. Jérémy fíxonos descubrir no seu “food truck” a cultura bretona a través das crêpes, sobremesa esencial na cociña gala. Compartiu o seu saber co alumnado do noso centro que desfrutou este momento culinario chupándose os dedos.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Crêpes

Unha muller importante para min

O alumnado de 2° Eso D, 3° Eso A e B e 4° Eso C, con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo) fixo como traballo a elaboración dunha breve descripción sobre a vida dunha muller importante para cada un deles, coa súa  profesora de Matemáticas Ana M. Domínguez.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Una mujer importante

Sorteo do 2º trimestre entre os lectores da biblioteca

           No sorteo que tivo lugar o luns 20 de marzo, xa rematado o segundo trimestre,    entre os lectores da biblioteca que devolven en tempo os libros prestados, resultou afortunada co vale de 25 € para libros a alumna de 1º ESO-C Daniela López García.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Sorteo 2º trimestre lectores biblioteca

Charla "Aspectos medioambientais da explotación de recursos"

     O alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería e de Bioloxía de 1º de bacharelato asistiu o 15 de marzo a esta charla impartida pola profesora da Escola de Minas María Teresa Rivas Brea. Unha interesante descrición de casos reais nos que se traballa na recuperación do medioambiente de xeito compatible coa explotación de recursos. Tamén fixo importantes reflexións sobre as actitudes que deberíamos ter para manter a nosa contorna.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Aspectos medioambientais da explotación de recursos

Pintacaras polo 8M

Este 8M celebramos o día da muller pintando as nosas caras. Rapazas e rapaces xunto co profesorado debuxamos símbolos morados noso nosos rostros para visibilizar o noso apoio ao movemento feminista por unha sociedade na que todas e todos teñamos as mesmas oportunidades e deireitos.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Pintacaras 8M

Exposicións do 8M no IES Castelao

Coma todos os cursos este ano voltamos celebrar o 8M por todo o alto. Para esta semana o alumnado preparou a exposición "Expobarbi" remedando a Isabel Blanco en "Rompe. Xoga en igualdade". Xa podedes comprobar que crearon unhas obras nas que destaca a denuncia e a visibilización da situación actual da muller. 

Por outra banda tamén podedes ver os traballos feitos polo alumnado de Debuxo inspirándose na forza das mulleres.

Por último, propoñemosvos un xogo de emparellar unha ilustración dunha muller ilustre coa súa biografía.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Día da muller exposicións

Visita á Casa Galega da Cultura

 
Boa parte do alumnado de primeiro de bacharelato do  noso centro visitou en dúas quendas a Casa Galega da Cultura esta primeira semana de marzo. Aproveitamos para coñecer as dúas exposicións públicas que se ofrecen -sobre Fernández del Riego e sobre a historia da Fundación Penzol-, ademais de asistir a unha charla sobre a figura de Fermín Penzol, coñecer a pinacoteca Fernández del Riego, a súa biblioteca e o gabinete Ramón Piñeiro, alén doutras instalacións da propia Fundación.
 
Agradecemos a amabilidade de todo o persoal da Fundación e, especialmente, a atención que nos brindou Xosé Manuel Soutullo,  director da Biblioteca Penzol, que nos explicou amable e claramente a importancia da institución e nos guiou polo seu interior.
 
Álbum: Curso 2022/2023 -> Casa galega da cultura

Alexandre Faria gañador do Premio Otero Pedrayo

 
Este pasado xoves día 2 de marzo reuniuse o xurado do II Premio Anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato.
 
O IES Castelao participou con varias propostas e, entre estas, resultou galardoado, na categoría de premio individual en Bacharelato, Alexandre Faria Lézico, estudante de 1º de bacharelato, por un magnífico traballo de creación literaria presentado co título “O conto número 21". Moitos parabéns para Alexandre! (premendo aquí pódese acceder a unha entrevista no Atlántico Diario).
 
Álbum: Curso 2022/2023 -> Premio Otero Pedrayo
Distribuir contido