XII Xornada dos Clubs de Lectura

XII Xornada dos Clubs de Lectura

O pasado 7 de xuño celebrouse a XII Xornada dos Clubs de Lectura. Coma outros anos, o Club de Lectura “A pé de obra” do noso instituto estivo presente  coa participación da súa coordinadora. Foi unha xornada moi interesante, onde se presentaron experiencias de distintos clubs de toda Galicia. Na conferencia inaugural, José Antonio Millán, autor dun informe sobre os Clubs de Lectura dos institutos galegos, destacou o  excelente funcionamento dos mesmos e considerounos “una auténtica escuela de ciudadanos”, pois o alumnado que participa mellora as destrezas comunicativas, as habilidades de pensamento e en comportamento no ámbito da igualdade e diversidade, o que repercute de xeito moi positivo, ademais, nos logros académicos.

Animamos ao noso alumnado a participar no noso Club no curso 2019-20

Álbum: Curso 2018/2019 -> XII Xornadas Club Lectura

Visita de Luís Ferreiro

          Hoxe 11 de xuño visitounos Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do poeta Celso Emilio. Ao longo deste encontro, que mantivo con alumnado de Lingua Galega e Literatura de 4º ESO A e C, desenvolveu un relatorio sobre Celso Emilio no País dos Ananos, con especial referencia ás vivencias que o autor de Longa noite de pedra experimentou no seu exilio venezolano e tamén a como se proxectaron na súa obra literaria. Á súa conclusión o alumnado tivo ocasión de dialogar sobre distintos aspectos da vida cotiá de Celso Emilio co seu fillo.
          Un pracer escoitar e aprender sobre un dos poetas máis salientables da literatura galega contemporánea. A Fundación, ademais, doou á biblioteca do centro un exemplar dunha edición non venal do poema "Miña matria Galicia", que gañara o primeiro premio dos Xogos Florais de Buenos Aires en 1967 e un exemplar facsímile da publicación Adiante! A nosa gratitude por esta visita.

Álbum: ->

Ano internacional da táboa periódica

A UNESCO estableceu 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica.

Neste contexto, a Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, organizou un concurso de carteis sobre “A Táboa Periódica e Galicia”.

Tres alumnos deste centro, de 1º de bacharelato B, Álvaro Aira Guerrero, Emma López Prado e Xoel  Moure Rivera animáronse a participar, cun cartel realizado sobre o sodio, contando coa colaboración dos profesores Marta Álvarez Pérez e Antonio Giráldez Lomba, sendo titorizados por Isabel Acuña Mata.

Xornada de M4T3M4T1C4S D1V3RT1D4S

          Con motivo da celebración do "Día Internacional das Matemáticas", o día 12 de Maio o Departamento de Matemáticas organizou unha "Xornada de M4T3M4T1C4S D1V3RT1D4S" con xogos de enxeño para todo o alumnado da ESO.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Xornada de M4T3M4T1C4S D1V3RT1D4S

Obradoiro igualdade e prevención violencia xénero

     O 10 de maio o alumnado de 3º da ESO  participou nun obradoiro teatral do PROGRAMA PROMULLER para promover  a igualdade efectiva entre mozas e mozos.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Obradoiro igualdade e prevención violencia xénero

Programa educativo: Planeta Cíes

     O 23 de maio un grupo de alumnado de 3º e 4º ESO, participante no programa educativo "Planeta Cíes" do Concello de Vigo, visitou as Illas Cíes:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Planeta Cíes

Bautismo de vela lixeira

     O 24 de maio un grupo de alumnado de 2ºESO fixo o "bautismo" de vela lixeira no Club Náutico de Vigo:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Vela 2019

Rafting polo río Miño

     O 27 de maio un grupo de alumnado de 1º de bacharelato fixo rafting polo río Miño dende Arbo. Aquí vos deixamos un vídeo desta actividade:

E aquí podedes ver algunhas fotos:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Rafting 2019

Esculturas na praia da Lanzada

     O 22 de maio un grupo de alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato que cursa Debuxo, acudiu á praia da Lanzada a realizar esculturas de area. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Esculturas na praia da Lanzada

Creactivity de EduCaixa

          No mes de maio o alumnado de 2ºESO  acudiu á actividade "Creactivity" de EduCaixa, un espazo  baseado no movemento tinkering liderado polo Exploratorium de San Francisco no que os rapaces solventaron diferentes retos movilizando dun xeito transversal as súas competencias no campo STEAM (Sciencie, Technology, Engineering, Art e Matemática).

Álbum: Curso 2018/2019 -> Creactivity EduCaixa
Distribuir contido