Roupa esquecida polo alumando no Centro
Comunicamos que no recibidor do Centro está toda a roupa esquecida polo alumando no Centro. Os interesados poden pasar a recollela ata o día 10 de xullo. Pasada esa data a depositaremos no contedor de roupa instalado na entrada.
Saúdos.
O Equipo Directivo.
Cuestionarios Fondo Social Europeo - 3º e 4º ESO
O alumnado de 3º e 4º ESO, como participante na operación 10.1.1.2GAL4ESO16-17P-Novos Itinerarios de 3º e 4º ESO Curso 16-17, cofinanciada pola Unión europea a través do Fondo Social Europeo, debe responder a unha serie de preguntas de obrigado cumprimento. A finalidade é a de trasladar á Comisión Europea datos sobre a súa participación en cumprimento da normativa comunitaria aplicable.
Proxecto de innovación en dinamización lingüística do curso 2016/17
Acompáñase proxecto de innovación en dinamización lingüística do curso 2016/17 no documento adxunto.
Baremación da renda per cápita para o proceso de admisión do alumnado para o curso 2017-18
Acompañamos as instrucións para a baremación da renda per cápita para o proceso de admisión de alumnado para o curso 2017/18 no caso de non realizar declaración do IRPF no ano 2015.
Axudas libros de texto para o alumnado repetidor de 4º ESO
Lembramos que o alumnado repetidor de 4ºESO pode solicitar axuda de libros de texto para o curso 2016-17 se cumpre as bases da convocatoria.
Premio de Innovación en dinamización lingüística
Premio de Innovación en dinamización lingüística ao Proxecto Galaxia Casares. Leriando no Casares. Curso 2015/16
Campaña de Axudas Cruz Vermella para Material Escolar y/ou Libros de Texto
Dende a Cruz Vermella de Vigo informan do inicio da Campaña de Axudas para Material Escolar y/ou Libros de Texto, que dende o ano 2012 desenrola esta institución.
Poden descargar a circular informativa no ficheiro adxunto.
As solicitudes para estas axudas presentaranse na Cruz Vermella de Vigo (C/ Ecuador, 16. Vigo), e o prazo para a entrega será:
- do 1-15 de xullo.
Día de Rosalía 24/2/2014
Enlace ao programa da TVG zigzag do luns 24 de febreiro de 2014. Aparecen os nosos alumnos no minuto 12.20 e unha breve entrevista a Fernando Pereira no minuto 19.05.
ATENCIÓN: Novo horario dende o curso 2011-2012
Segundo a decisión do Consello escolar do IES Carlos Casares modifícanse as horas de entrada e saída do centro:
Pola Mañá:
8.40 entrada
14.20 saída
A tarde do lúns mantén o mesmo horario:
16.50 entrada
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »
