Skip to Content

Actividades

GAÑADORES I CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

Xa temos gañadores para o I Concurso de Ilustración, organizado pola Biblioteca, o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística.

Os gañadores foron:

1º premio: María Domínguez Pérez (1º D ESO)

2º premio: Sara Nogueiras González (1º C ESO)

3º Premio: Alberto Valencia Saco (1º D ESO) Mario López Lois (1º D ESO)

Felicitamos a todos eles polo seu magnífico traballo. E salientamos a colaboración da profesora de plástica, Juliana Ortega, que coordinou e dirixou a elaboración das imaxes.

Ademais da publicación en papel, está tamén dispoñible a edición dixital que pode verse picando na imaxe.

 

 

I CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

I CONCURSO DE ILUSTRACIÓN convocado pola Biblioteca, coa colaboración do Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingúística.

Consulta as BASES

 

NOVAS CANTIGAS DE AMIGO

Revista Novas cantigas de amigo, composicións elaboradas polos alumnos de 3º A


http://www.calameo.com/read/000572897cedcedd8aa23

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

A BIBLIOTECA, en colaboración co EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA,


convoca un ano máis o


 


CONCURSO DE MARCAPÁXINAS


 


 coas seguintes


 


BASES:


 


I. FORMATO


Material: Cartolina


Tamaño: 21 x 5


Pode empregarse calquera técnica pictórica (acuarela, acrílico…)


 


II. TEMA


O marcapáxinas conterá:


§ Un debuxo que faga referencia á lectura ou aos libros.


§ Un texto, escrito en lingua galega, que pode ser unha frase, un slogan ou unha cita literaria animando


a ler ou acerca da lectura.


 


III. PRAZO


O prazo remata o día 16 de decembro de 2011.


Os participantes entregarán na Biblioteca o seu marcapáxinas, que estará asinado cun lema ou


pseudónimo. Acompañarán o marcapáxinas dun sobre: no exterior escribirán o mesmo lema ou pseudónimo


 e no interior introducirán un papel cos seus datos persoais.


 


IV. PREMIO


O marcapáxinas gañador será premiado con 50 € en metálico. Este marcapáxinas será reproducido


e entregado como agasallo da Biblioteca. Tamén será reproducido no blog da biblioteca.


 



ANÍMATE E PARTICIPA


 


Máis información no noso blog http://unhalagoadelibros.blogspot.com


 

Distribuir contido


by Dr. Radut