Skip to Content

MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA CURSO 2011-2012

Un ano máis a Universidade de Santiago homenaxeará o próximo 29 de xuño os alumnos que obtiveron os mellores expedientes académicos deste curso 2011-2012.

Nesta ocasión, o noso centro estará representado por 6 alumnos que acadaron máis de 9 puntos: Marta García Vázquez, Belén Guede Blanco, Neves Bayón Fernández, Beatriz López Gómez, Emilio González Rodríguez e Rodrigo Barreiro Regueiro.

Vaia para todos eles a nosa noraboa por este importante recoñecemento á súa capacidade intelectual e ao esforzo continuado. E desexámoslles que os éxitos continúen nos seus próximos estudos universitarios.



page | by Dr. Radut