Skip to Content

Plantación das árbores dos xubilidados de 2008: José Antonio Mourín e Pilar Vilachá

 Mourin  Pilar Vilacha

O día 19 de febreiro celebramos a tradicional plantación de "árbores dos xubilidados" contando coa presenza de aqueles que se xubilaron no ano pasado. Nesta ocasión don José Antonio Mourín e dona Pilar Vilachá fixéronnos os honores e, desde hoxe, teñen o seu carballo e ginkgo biloba no noso patio. Podes ver fotos do acto neste enlace. Esta actividade que vimos realizando desde hai anos é un tanto unha homenaxe e recoñecemento polo seu traballo e compañía aos que estiveron connosco como un fío de continuidade nesta relación de amizade despois de tantos anos xuntos. Na na web antiga do Centro podedes ver as plantacións de todos os anos pasados.



page | by Dr. Radut