You are hereConvivencia
Convivencia
Letras Galegas 2020: Don Ricardo Carvalho Calero
AS NOSAS LETRAS E A NOSA LINGUA, SEMPRE!
mail art Antonio Fraguas
Non deixes de consultar o blog do proxecto de arte postal sobre cultura tradicional e Antonio Fraguas. Verás todas as obras que nos van chegando.
CONVOCATORIA ABERTA DE MAIL ART SOBRE CULTURA TRADICIONAL. O LEGADO DE ANTONIO FRAGUAS
Animádevos a participar!!
No pdf que se xunta tedes información.
!
V MERCADILLO TRÓCAME-ROQUE
O vindeiro 12 de maio celebraremos no CC Área Central o V MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME-ROQUE.
As inscricións poderán entregarse no IES Antonio Fraguas, no CEIP de Fontiñas e no CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.
A NOSA VIDA EN POSITIVO IV
Cuarta edición do proxecto comunitario da rede do Barrio de Fontiñas e do IES Antonio Fraguas, A NOSA VIDA... EN POSITIVO? sobre VULNERABILIDADE SOCIAL NOS ADOLESCENTES.
A directora xeral de Xuventude visita a Correspondentes xuvenís e Mediadores do IES Antonio Fraguas
A directora xeral de Xuventude visita a Correspondentes xuvenís e Mediadores do IES Antonio Fraguas
Unha representación do noso alumnado (programa de Mediación Escolar e Correspondentes Xuvenís) participou nunha mesa redonda sobre IGUALDADE na Xornada Europea de Información Xuvenil. Onte recibimos a Directora Xeral quen falou da importancia destes programas e agradeceu a participación do noso alumnado.
IV MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME-ROQUE
IV MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME-ROQUE
Este é o cartaz do IV Mercadillo Solidario TRÓCAME-ROQUE
Será o 20 de MAIO, venres, de 16.30 a 19.30. En ÁREA CENTRAL. FONTIÑAS.
Coma sempre A RAPAZADA será a protagonista con postos de venda de artesanía, repostería, troco de xogos, libros, comics, e videoxogos.
Haberá tamén obradoiros, actividades e actuacións musicais.
Xúntase a folla de inscripción.
BLOG DE ORIENTACIÓN E PROGRAMA ORIENTA
Xa tedes á vosa disposición o programa ORIENTA E O BLOG de orientación deste programa.
III ENCONTROS DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA
Este ano, os III ENCONTROS DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA terán lugar en Vilagarcía os días 17 e 18 de abril. De novo, Fisterra, Negreira e nós colaboramos na organización destes encontros e participamos neles.
Un grupo de profesorado e alumnado do IES asistirá a estas xornadas.
As familias tamén poderán asistir.