Convivencia

CURSOS PARA RAPACES E RAPAZAS

 

Esta información pode ser de voso interese.

NOVO TALLER DE MEDIACIÓN ESCOLAR

No marco de PROXECTO M e do Plan de Convivencia terá lugar un novo obradoiro formativo na vindeira semana no IES Antonio Fraguas. 

Será xa o terceiro deste curso e irá dirixido, nesta ocasión, ó alumnado experto, para afondar en técnicas e ferramentas espe

VÍDEO SOBRE O MERCADIÑO TRÓCAME-ROQUE

VÍDEO SOBRE O MERCADIÑO TRÓCAME-ROQUE


Agareso e os reporteiros do taller de TV do IES Antonio Fraguas  presentan unha reportaxe sobre o Mercadiño Solidario Trócame-Roque levado a cabo en xuño de 2013.
»

O EQUIPO DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA CONMEMORA O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 DE NOVEMBRO. DEREITOS DO NENO

Rapaces e rapazas do equipo de convivencia e mediación fixeron un mural para expoñer na entrada do IES os dereitos do neno.

Acompañaron o cartel con pequenas figuriñas feitas de material reciclado con mensaxes sobre os dereitos dos nenos e nenas.

Ademais expuxeron os textos que o alumnado de 1º de ESO C levou ó Parlamento na conmemoración da data da declaración.

TALLERES DE MEDIACIÓN ESCOLAR

O pasado 13 de novembro tivemos o primeiro dos talleres de MEDIACIÓN ESCOLAR do proxecto M do curso 2013-14. Como noutras ocasións contamos con Noelia de AtalataSocial para a formación.

Esta vez fixemos unha modalidade diferente, consistente en equipos de traballo cooperativo con grupos heteroxéneos, que serviu tanto para iniciar a formación dos novos rapaces e rapazas que se incorporan este curso, como para facer un repaso para os veteráns.

MEMORIA ACTIVIDADES A NOSA VIDA EN POSITIVO

No seguinte enlace tedes acceso á memoria que dá conta do conxunto de actividades levadas a cabo durante outubro e novembro baixo o título:

A NOSA VIDA EN POSITIVO. Vulnerabilidade social en adolescentes e mozos. Reflexións técnicas e experiencias vitais

OBRADOIRO PARA 4º DE ESO. EPA DO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO

Onte, 19 de novembro de 2013, tivo lugar no IES Antonio Fraguas o último dos obradoiros desenvoltos, no marco da programación do proxecto sobre vulnerabilidade de adolescentes e mozos, A NOSA VIDA EN POSITIVO.

MESA REDONDA

MESA REDONDA

Dentro do prexecto A NOSA VIDA... EN POSITIVO? celebraremos o vindeiro martes unha mesa redonda no Centro Sociocultural de Fontiñas

 

Este é o cartel da actividade

OBRADOIROS DE ARELA SOBRE A LEI DO MENOR, PROGRAMA KATORCE18

Hoxe leváronse a cabo dous obradoiros para 4º de ESO a cargo de Ana Pérez Figueroa da Asociación ARELA. 

Trátase da primeira das actividades previstas dentro do proxecto A NOSA VIDA EN POSITIVO? que desenvolveremos ó longo de varias sesións.

ROLDA DE PRENSA

A NOSA VIDA EN POSITIVO proxecto preventivo

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou o proxecto comunitario »
Distribuir contido