You are hereMatrícula ABAU 2023

Matrícula ABAU 2023


By encisa - Posted on 10 Maio 2021

 Accede a toda a información pulsando en "Ler máis" e tamén visualizando este vídeo

 

 

PRAZO PRE-MATRÍCULA: do 18 ao 22 de maio de 2023

 

QUEN PODE MATRICULARSE?: Alumnado que superou bacharelato, aprobando todas as materias.

  

PROCEDEMENTO de MATRÍCULA: Debes realizar dous pasos, pero podes facelos ao mesmo tempo 

 

1º paso: Solicitude do Título de Bacharelato.  

 Debes levar a seguinte documentación á secretaría do instituto:

  • Fotocopia do teu DNI
  • Xustificante de pago da taxa no banco** (preme aquí para descargar o documento de pago, que deberás levar a un destes bancos):

  • No caso de ter dereito á redución ou exención das taxas (p.e. familia numerosa,...) xustificante da mesma.

 

**podes facer o pago tamén por internet, nesta páxina da Axencia Tributaria de Galicia e premendo na opción "iniciar taxa". Os códigos que necesitas son os que aparecen no documento de pago anteriormente citado. Neste caso imprime o xustificante e lévao á secretaría co resto da documentación.

 

A cantidade a pagar polo título de bacharelato:

Tarifa normal: 54,00€ 

Familia numerosa xeral: 27,03€

Familia numerosa especial: gratuito

 

 

2º paso: Matrícula da ABAU (imprescindible facer o 1º paso tamén)

Debes levar a seguinte documentación á secretaría do instituto:

  • Fotocopia do teu DNI
  • Impreso de materias (preme aquí para descargalo) coa indicación das materias das que desexas examinarte. 

  • Resguardo do pago da taxa do exame no banco*** (preme aquí para descargar o impreso de pago, imprime 3 copias). O documento inclúe o prezo a pagar.

  • No caso de ter dereito á redución ou exención das taxas (p.e. familia numerosa,...) xustificante da mesma.

 

*** podes facer este pago tamén en liña unha vez iniciado o proceso na aplicación "Nerta" (chegará un email coa activación despois de traer a documentación ao instituto).  No caso de escoller esta opción, non será necesario ir ao banco previamente, pero non esquezas facer o pago unha vez te chegue o correo de activación, porque o proceso de matrícula complétase co pago da taxa.

 

 

Unha vez realizada a prematrícula no instituto (2º paso), chegará ao correo electrónico indicado polo/a alumno/a un enlace para acceder á Aplicación Nerta da CIUG, que será a vía para acceder á nota da ABAU, reclamar, acceder á Universidade...

 

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos