You are here¿Problemas coa Aula Virtual?

¿Problemas coa Aula Virtual?


By encisa - Posted on 27 Marzo 2020

Consulta aquí as túas dúbidas ou problemas de acceso á Aula Virtual

 

Usuario e contrasinal:

Se o que pasa é que sabes entrar pero non lembras o usuario ou o contrasinal (ou ambos), envía un email indicando o teu nome completo e curso a:

 

aula.virtual.fraguas@gmail.com

 

 

Preguntas frecuentes:

As seguintes son as preguntas máis frecuentes que facedes. Se non está o que buscades enviar un correo á dirección anterior.

 

 

¿Como fago para entrar?

 O máis fácil e ir á páxina do instituto e premer no enlace que hai na parte superior esquerda.

Unha vez na aula virtual na parte superior dereita premer en “acceso” e introducir o teu usuario e contrasinal.

 

Mira o seguinte vídeo: Entrar na aula virtual por primeira vez

 

 

¿Cal é o meu usuario?

 O usuario creado para todos os alumnos segue o seguinte formato:

 

tres primeiras letras do nome + tres primeiras letras do primeiro apelido + tres primeiras letras do segundo apelido

 

todo en minúsculas e sen tildes.

 

Por exemplo se o teu nome e María Pérez Ramudo o teu usuario sería: marperram

 Mira o seguinte vídeo: Entrar na aula virtual por primeira vez

 

 

¿Que pasa si nunca entrei ou se non recordo o meu contrasinal?

 Neste caso envía un correo ao enderezo aula.virtual.fraguas@gmail.com

indicando o teu nome completo e o curso no que estas, describindo o problema que tes da maneira o máis clara posible.

 

 

¿Como me "automatriculo" nun curso por primeira vez?

 Ás veces será o profe quen te matricule e non terás que facer nada especial. Noutros casos terás unha “chave de matriculación”, que te dará o/a profe, para acceder por primeira vez. A esto chamámoslle “automatriculación

 

Para facer a automatrícula nun curso, o primeiro é buscar o curso. Os cursos están organizados por departamentos e dentro de cada departamento divídense en Bacharelato e ESO. Unha vez localizado pulsa no curso e cubre a “chave de automatrícula” que tivo que proporcionarche o/a teu/túa profe. Con iso xa estás matriculado no curso.

 

A seguinte vez que entres na aula virtual o curso xa aparecerá na pantalla de inicio dentro de “Os meus cursos”

 

Mira o seguinte vídeo: Localizar os cursos

 

 

 

¿Como escaneo un traballo co móbil?

 Enviar fotos non é práctico porque ocupan moito espazo e son dificiles de corrixir. Mellor é envialos en pdf.

 

Pódese facer escanear facilmente co móbil, ¿cómo se fai?

Se o teu móbil ten sistema Android mira este video

Se o teu móbil ten sistema IOS mira este video

 

E se escaneaches o documento co móbil, preme aquí para saber cómo subir a tarefa escaneada así.

 

 

¿Como subo á aula virtual unha tarefa en liña ou calquera documento dende o ordenador?

 

Preme aquí para ver o video no que se explica

 

 

 

Todos os vídeos explicativos:

Na seguinte taboa tedes todos os vídeos desta páxina coas explicacións das dúbidas máis frecuentes:

 

Vídeo

Descrición

Entrar: Entrar na aula virtual por primeira vez

Explícase  que facer sé é a primeira vez que entras na aula virtual.

Cursos:  Entrar e localizar os cursos

Explícase como entrar na aula virtual,  buscar cursos e facer automatrícula.

Tarefas 1: Como entregar tarefas

Explícase como entregar unha tarefa na aula virtual, tanto:

    

Tarefas en liña

    

Tarefas de entrega de ficheiros

Tarefas 2: Escanear usando un móbil Android

Explícase como escanear dende un dispositivo Android (móbil ou table) un traballo para entregar nunha tarefa.

Tarefas 3: Escanear usando un móbil IOS

Explícase escanear dende un dispositivo IOS (iPhone ou iPad) un traballo para entregar na aula virtual.

Tarefas 4: Subir un ficheiro usando un móbil

Como subir á unha tarefa dun curso un documento escaneado dende un móbil ou unha tablet Android.

 

 

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos