Convivencia

FINALISTAS NOS PREMIOS NACIONAIS FAD Á ACCIÓN MAXISTRAL

Iniciamos o curso con boas novas

O SEGUNDO ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA  (organizado polo noso IES, o IES Xulián Magariños e o IES Fin do Camiño) quedou entre os dez finalistas da súa categoría para os premios FAD. 


CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA

O día 19 de xuño fixemos no IES Antonio Fraguas a clausura das actividades do equipo de Mediación e Convivencia (Proxecto M) 
Entregamos os diplomas de asistencia ós obradoiros de formación e o título de mediador 
O proxecto vai medrando cada curso...
»

O VÍDEO FRAGUANDO A DIVERSIDADE SELECCIONADO NO FESTIVAL OLLOBOI

OLLOBOI
O vídeo Fraguando a diversidade do IES Antonio Fraguas pasou os primeiros filtros e está proposto en tres categorías e ademais seleccionado entre os dez primeiros por votación popular on line. 

MERCADILLO SOLIDARIO TROCAME-ROQUE

MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME ROQUE

O 23 DE MAIO (VENRES) TERÁ LUGAR A SEGUNDA EDICIÓN DO MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME-ROQUE

IDE PREPARANDO AS VOSAS PEZAS DE ARTESANÍA, REPOSTERÍA, OBXECTOS PARA TROCAR...

TEDES A FOLLA DE INSCRIPCIÓN NO DOCUMENTO ADXUNTO

Cursos de idiomas no estranxeiro 2014

Cursos de idiomas no estranxeiro 2014

Neste enlace tedes información:

http://xuventude.xunta.es/cursos-de-idiomas-no-estranxeiro.html

OBRADOIROS DE TEATRO DO OPRIMIDO

Nestas semanas estáse a desenvolver no IES Antonio Fraguas un obradoiro sobre teatrofórum, dirixido a alumnado de Artes Escénicas. 
Este grupo de alumnos e alumnas serán os encargados de levar a cabo o taller sobre teatro do oprimido no SEGUNDO ENCONTRO DE CENTROS POR UNHA CONVIVENCIA POSITIVA no mes de abril. 
A actividade formativa corre a

OBRADOIROS SOBRE ESCRAVITUDE INFANTIL

Ó longo de varias sesións os laumnado de 2º de ESO e o de Relixión Católica e Evanxélica de 1º de ESO realizaran un taller formativo sobre escravitude infantil a cargo de CAMINO JUVENIL SOLIDARIO.

CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En conmemoración do día internacional da muller, o alumnado do equipo de mediación e convivencia e o Director do centro procederon a colocar o retrato de Irene Sendler para dar nome a aula correspondente. Lembremos que Irene Sendler foi elixida de entre varias candidatas nunha votación feita en todo o centro e a proposta dos Mediadores. 

Distribuir contido