You are hereLetras Galegas 2020: Don Ricardo Carvalho Calero
Letras Galegas 2020: Don Ricardo Carvalho Calero
AS NOSAS LETRAS E A NOSA LINGUA, SEMPRE!
Cada mes de maio, o noso Centro énchese de celebracións, música, teatro, poesía, cartaces…e a nosa revista XEADA, que estaría a piques de saír do prelo nestas datas, para celebrar a festa das NOSAS LETRAS. Este ano, non vai poder ser así, xa que nos tocou vivir unha situación difícil e adversa para todos os ámbitos da vida cotiá: persoal, educativa e cultural. Porén dende o IES Antonio Fraguas queremos e debemos manter vivo o espírito do 17 de maio, no que como ben sabedes conmemoramos a primeira edición dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro de 1863 e para iso convidámosvos a celebralo dende as vosas casas do mellor xeito posible, que é utilizando a nosa LINGUA en calquera circunstancia e lugar.
SUXESTIÓNS:
Para todo o alumnado: Visitade a páxina da RAG:
realacademiagalega.org e veredes entradas como “Unha palabra para Don Ricardo”, “Primavera das Letras” ou” O portal das palabras”, Web de divulgación do léxico galego.
Para os primeiros cursos da ESO seleccionamos unha serie de ligazóns con información e actividades:
https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo
https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY
https://www.youtube.com/watch?v=6jk-UHD3Xms
Os de 4ª da ESO e Bacharelato deberiades ler a entrevista que aparece na páxina da RAG de Pilar Pallarés, escritora e docente, premio Nacional de poesía 2019, sobre a figura de Carvalho Calero.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos un maio cheo de LETRAS e SAÚDE.