Skip to Content

2024/04/05 - Calendario exames pendentes abril

Xa están dispoñibles os horarios dos exames das materias pendentes dos cursos anteriores do mes de abril.

2024/04/05 - Publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido sen baremo

Xa están publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido no centro sen baremo para o curso 2024-2025.

As listaxes atópanse penduradas no recibidor do centro.

Este alumnado corresponde aos cursos de

  • 1º ESO
  • 3º ESO
  • 2º bacharelato

As listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido despois da aplicación do baremo publicaranse o 25 de abril.

Visita ao porto de Vigo 2024

Hoxe o alumnado de terceiro da ESO e o de cuatro diversificación, realizaron unha visita ao porto pesqueiro de Vigo.

Coñecimos ás aguias de Harris, que manteñen a raia ás gaivotas, os tipos de barcos, o viveiro de mariscos e a lonxa.

Pasámolo super!

 

2024/04/04 - Actualización do calendario do club de Ciencias para a terceira avaliación

Publicamos as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 3º trimestre:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 8 de abril 2024: só alumnado que participar no CinVigo
    • Luns 15 de abril 2024: só alumnado que vai participar no CinVigo
    • Luns 29 de abril 2024: todo o alumnado
    • Luns 13 de maio 2024: todo o alumnado
    • Luns 27 de maio 2024: todo o alumnado
  • 2 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 8 de abril 2024
    • Luns 22 de abril 2024
    • Luns 6 de maio 2024
    • Xuño: actualizaremos proximamente
  • 3 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 15 de abril 2024
    • Luns 29 de abril 2024
    • Luns 13 de maio 2024
    • Luns 27 de maio 2024 (non haberá sesión)
    • Xuño: actualizaremos proximamente
  • 4 ESO e bacharelato (Antón e Suso)
    • Todos os luns lectivos.

 

A situación enerxética galega 2024

O alumnado de Economía e de Tecnoloxía Industrial asistiron á charla "A situación enerxética galega" impartida polo profesor da USC, Adrián Dios Vicente, especialista en Historia da Economía.

Amais de explicarlle sucintamente as posibilidades das carreiras de Económicas ou Administración e Dirección da Empresa, centrouse na problemática enerxética e no debate que está a haber en Galicia.

Agradecemos a súa presenza no noso centro porque foi unha charla interesantísima para o seu alumnado.

 

2024/04/04 - Vigo en inglés 2024

O Concello de Vigo publicará mañá a convocatoria de Vigo en inglés 2024 dirixido a alumnado de 3º da ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será do luns 8 ata o venres 19 de abril de 2024.

Poden consultar toda a información na páxina web do Concello no apartado de Escolas Vigo / Vigo en inglés.

2024/04/03 - Actualización do calendario do Club de Ciencias

Publicamos unha actualización as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 3º trimestre para o alumnado de 1º ESO:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 8 de abril 2024: só alumnado que participar no CinVigo
    • Luns 15 de abril 2024: só alumnado que vai participar no CinVigo
    • Luns 29 de abril 2024: todo o alumnado
    • Luns 13 de maio 2024: todo o alumnado
    • Luns 27 de maio 2024: (só o alumnado que non vai ao club de cine)

 

2024/04/02 - Primeiras listaxes de solicitudes admitida no programa AxudasLe

A Consellería publicou a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas no programa AxudasLe.

Podedes consultar a información na aplicación correspondente: AxudasLe

 

Feminino singular 2024

O alumnado do noso centro puido celebrar o 8M a través da música grazas ao profesor Xaime Estévez e á súa última publicación Feminino Singular, unha viaxe musical a través da música delas

Beizón!

 

Aquí tamén se fala 2024

O noso alumnado participa na campaña Aquí tamén se fala en colaboración co comercio da nosa zona. Moitos foron os locais que se adheriron a esta iniciativa grazas ao activismo da rapazada do centro que se implicou activamente.

En Coia fálase galego, como o demostran a multitude de comercios que puxeron nas súas portas o cartel. 

Graciñas! Aquí tamén se fala!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut