Skip to Content

Visita á ESAD 2024

O pasado 15 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4ºESO achegáronse á Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) situada no barrio de Navia para presenciar un ensaio do musical "Hairspray".

Diversos números deste musical vanse interpretar por alumnado deste centro educativo no InnovArt'24, organizado pola Consellería de Educación en Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril.

Foi unha xornada fantástica rodeados de tanto talento!

Visita ao CESGA 2024

O pasado venres 12 de abril tres estudantes de 2º de bacharelato tiveron a sorte de participar nunha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Aprenderon sobre as diferenzas entre computación cuántica e clásica e os tipos de ordenadores cuánticos que traballan os distintintos centros de investigación e compañías.

Ademais puideron visitar a instalación so supercomputador FINISTERRAE e o ordenador cuántico que ten o CESGA, o QMIO.

Foi unha boa xornada que fixo que o madrugón para o autobús pagase a pena.

Xa agardando para a próxima, na que ogallá poda acudir máis alumnado!

Contra o masacre en Palestina 2024

O venres 12 de abril unímonos á lectura do manifesto contra o masacre en Palestina ao que estaban chamados os centros públicos de Galicia.

Un bo número de alumnado e profesorado pediu non ignorar nin silenciar o que está a pasar en Gaza, porque iso é incompatible coa solidariedade, a xustiza e a cidadanía democrática.

Dende o IES Álvaro Cunqueiro denunciamos o xenocidio que se está a cometer contra o pobo palestino, esiximos un cese inmediato do fogo en Palestina porque TODAS SOMOS PALESTINA.

 

IX Obradoiros de primeiros auxilios

O noso centro celebrou, o 8 e 9 de abril, os IX Obradoiros de Primeiros Auxilios, sendo o alumnado de 1º de bacharelato o encargado de organizar e trasmitir os distintos contidos expostos no mesmo. Participou nestes obradoiros todo o alumnado do centro, así como o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos.

A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física.

Visita aos centros de FP 2024

O día 9 de abril o alumnado de 4° da ESO visitou os centros de FP Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade onde puideron valorar outras saídas profesionais unha vez que teñan o título da ESO.

Coma sempre grazas por recibirnos tan ben, foi unha xornada moi proveitosa para o noso alumnado!

 

2024/04/05 - Calendario exames pendentes abril

Xa están dispoñibles os horarios dos exames das materias pendentes dos cursos anteriores do mes de abril.

2024/04/05 - Publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido sen baremo

Xa están publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido no centro sen baremo para o curso 2024-2025.

As listaxes atópanse penduradas no recibidor do centro.

Este alumnado corresponde aos cursos de

  • 1º ESO
  • 3º ESO
  • 2º bacharelato

As listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido despois da aplicación do baremo publicaranse o 25 de abril.

Visita ao porto de Vigo 2024

Hoxe o alumnado de terceiro da ESO e o de cuatro diversificación, realizaron unha visita ao porto pesqueiro de Vigo.

Coñecimos ás aguias de Harris, que manteñen a raia ás gaivotas, os tipos de barcos, o viveiro de mariscos e a lonxa.

Pasámolo super!

 

2024/04/04 - Actualización do calendario do club de Ciencias para a terceira avaliación

Publicamos as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 3º trimestre:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 8 de abril 2024: só alumnado que participar no CinVigo
    • Luns 15 de abril 2024: só alumnado que vai participar no CinVigo
    • Luns 29 de abril 2024: todo o alumnado
    • Luns 13 de maio 2024: todo o alumnado
    • Luns 27 de maio 2024: todo o alumnado
  • 2 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 8 de abril 2024
    • Luns 22 de abril 2024
    • Luns 6 de maio 2024
    • Xuño: actualizaremos proximamente
  • 3 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 15 de abril 2024
    • Luns 29 de abril 2024
    • Luns 13 de maio 2024
    • Luns 27 de maio 2024 (non haberá sesión)
    • Xuño: actualizaremos proximamente
  • 4 ESO e bacharelato (Antón e Suso)
    • Todos os luns lectivos.

 

A situación enerxética galega 2024

O alumnado de Economía e de Tecnoloxía Industrial asistiron á charla "A situación enerxética galega" impartida polo profesor da USC, Adrián Dios Vicente, especialista en Historia da Economía.

Amais de explicarlle sucintamente as posibilidades das carreiras de Económicas ou Administración e Dirección da Empresa, centrouse na problemática enerxética e no debate que está a haber en Galicia.

Agradecemos a súa presenza no noso centro porque foi unha charla interesantísima para o seu alumnado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut