Skip to Content

"Cousas" de Castelao

     
 

 

 

 
 

O pasado mes de decembro o alumnado de 4º da ESO foi ver unha dramatización de "Cousas" de Castelao a cargo do grupo "Os Quinquilláns". En xeral, mozos e mozas gozaron da representación... Estas son algunhas das súas opinións:

"Gustoume moito a maneira en que fiaron a historia, xa que dous únicos actores, axudados dun burro-narrador, interpretaron cinco lances nos que facían referencia a moitos dos relatos do libro mesturados: "O Rifante", "O pai de Migueliño", "A Marquesiña", "Volveu das Américas un home rico"..." (Sandra Beiro)

"Entre cada lance, un orixinal burro presentaba o seguinte, dándolle un ton cómico cos seus repetidos e alongados "Si, ho", "Non, ho".Un contraste exquisito" (Elvira Fernández)

"A obra é orixinal, moi ben formulada, xa que pasar relatos ao xénero dramático non é fácil" (Lucía Pérez)

"Estivo xenial!! Gustoume moito que enlazasen os relatos, relacionándoos anque no libro non tiñan nada que ver. Recoméndovos que acudades á representación, xa que é moi entretida e, aínda que non se interpretan todos os relatos de Cousas, os seleccionados están moi ben" (Laura Cortés)

"Ao chegarmos, no escenario aparecía un balaústre... O profe Luis e mais eu intentamos averiguar que "Cousa" representarían facendo uso da varanda... Non caemos e... era ben fácil! Era o balcón do Rifante. Moi fácil, si, ho XDXD" (Susana, profe de Galego)

 
     
          
     


story | by Dr. Radut