Skip to Content

V Mostra viva de instrumentos musicais

             

O luns 17 de novembro tivemos a oportunidade de asistir á V MOSTRA VIVA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS organizada polo departamento de Música.

Esta actividade cumpre un dobre obxectivo: por unha banda, mostrar unha ampla variedade de instrumentos musicais, todos eles distribuídos por distintas dependencias do centro; así como escoitar o seu sonido de mans dos nosos pequenos e grandes instrumentistas, dándolle así a oportunidade aos estudantes de música de compartir cos seus compañeiros o seu talento.

     
Os espazos estaban distribuidos en tres seccións:  

Sección de INSTRUMENTOS ESCOLARES: son aqueles que se utilizan para o seu uso na escola polas súas características. A maioría destes foron atopados na música étnica. Así: o bombo, caixa chinesa, carrillón, pandereita, tambor, etc.

 

 
 

 

 INSTRUMENTOS DA MÚSICA CLÁSICA, aqueles que non poden faltar nos conservatorios, Algúns son xa históricos-antigos utilizados na Idade Media, Renacemento ou incluso Barroco. Falamos de: piano, violín, frauta traveseira, saxofón, mandolina, violoncelo.

 

       

 

Finalmente, INSTRUMENTOS DA MÚSICA POP e ELECTRÓFONOS como por exemplo: o baixo electrónico, guitarra eléctrica, piano eléctrico, guitarra acústica, etc.

 

   

  

A xornada rematou cun macroconcierto no salón de actos.

O éxito foi total .

     
     
     
     


page | by Dr. Radut