Skip to Content

Arranca o Clube Lector do IES Álvaro Cunqueiro

  luns, día 24 de outubro ás 18:00 h
 
     
     
   


Comezaremos coa lectura do libro "Matar a un ruiseñor" da escritora estadounidense  Harper Lee.

Jean Louise Finch evoca unha época da súa infancia en Alabama  (EE UU), cando o seu pai, Atticus, decidiu defender ante os tribunais a un home negro acusado de violar a unha muller branca. "Matar a un ruiseñor" mostra unha comunidade dominada polos prexuizos raciais, a desconfianza cara ao diferente, a rixidez dos vínculos familiares. E cun sistema xudicial sen apenas garantías para a poboación negra.

 
     
   

Esperámosvos  o  luns, día 24 de outubro.

 
     


page | by Dr. Radut