Skip to Content

Concurso relato curto Coca Cola

Varios alumnos do IES “Alvaro  Cunqueiro” participaron, como en anos anteriores, no concurso Jóvenes Talentos que convoca Coca Cola para premiar relatos curtos escritos por escolares de segundo curso da ESO. O departamento de Lingua Castelá e Literatura realizou unha selección previa dos traballos presentados e enviou ao concurso os seis mellor valorados (dous por cada un dos grupos A, B e C), que resultaron ser os seguintes:

Juan Area Figueroa e Carme Carrasco Pérez (de 2º A), Miguel López Caamaño e Sunil López Mahabubani ( de 2º B), Elisabeth Fandiño Domínguez e Lucía Verdugo Gonzalo (de 2º C). 

Foi gañadora do concurso a alumna Carme Carrasco Pérez , quen, acompañada da súa profesora María del Carmen Veiga, acudiu ao Auditorio de Ourense para recibir o premio, que consistiu nun trofeo, un diploma, unha mochila de viaxe, un reprodutor MP3 e unha camiseta.

 

Ao final da entrega de premios, os alumnos, os seus profesores e seus pais foron obsequiados cunha cea.

Parabéns á gañadora e aos seleccionados.



page | by Dr. Radut