Teatro inglés

 

Como en anos anteriores o Seminario de Inglés organizou varias representacións teatrais no salón de actos do noso centro. As obras, por suposto en inglés, estiveron dirixidas dunha banda aos alumnos de 3º e 4º da ESO a doutra aos de bacharelato. Iniciouse a temporada no mes de Novembro con "Food for Thought" para os da ESO; no segundo trimestre tocoulle o turno a "Clever Cupid" -sempre un éxito- para os de bacharelato e finalmente "Going Underground" que aínda hay pouco que se representou.

 
   

 Esta é unha actividade que conta co favor da maioría dos alumnos xa que non é só outra maneira de aprender e escoitar a lingua nos falantes nativos senón que é unha ocasión para divertirse, reírse e participar; mesmo pode descubrir algunha oculta vocación naqueles que son elixidos para tomar unha parte máis directa no espectáculo e teñen que subir ao escenario entre as risas e berros dos demáis. Son eles tamén os que aparecen nas fotos.