Skip to Content

Día da Paz

 

 

Odía 30 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Paz e Non Violencia no ámbito educativo.

 

O departamento de Filosofía, en colaboración con outras compañeiras, levará a cabo unha serie de actividades no Alvaro Cunqueiro.

As actividades están deseñadas por Amnistía Internacional ao redor da proxección da película documental El silencio de otros ”,gañadora de varios premios a nivel do Estado e tamén a nivel internacional, entre outros o premio de Cinema pola Paz da Berniale.

 

Trátase dun documental de case dúas horas, a película acompaña a vítimas sobreviventes do réxime franquista no seu proceso de procura de xustiza.

A directora e o director entrevistan a persoas que non puideron localizar aos seus defuntos asasinados, aos que desexaban darlles sepultura. Tamén a mulleres cuxos fillos recentemente lles fóron arrebatados, para rematar con aqueles que protestaban ante a ditadura e foron torturados.

En todos os casos póñense nomes, rostros e bágoas a todas estas persoas.

É un documental duro,pero é preciso lembrar, falar, informar, discutir sobre o ocorrido durante a ditadura franquista, para que o que ocorreu non se repita”

 

 

A PAZ NON PODE MANTERSE POLA FORZA. SOAMENTE PODE ACADARSE POR MEDIO DO ENTENDEMENTO.”(Albert Einstein)

 
 


page | by Dr. Radut