Samaín

 

 

 

 

 SAMAÍN  

 

 

Samaín significa “fin do verán”,transición ao invierno e ao ano novo  Celta.Eran  os sacerdotes celtas(druidas) os encargados de celebrar a festa celta para honrar os ancestros.

Que facían? Encendían fogueiras nos direfentes puntos  do poboado, para espantar  os malos espíritos e guiar polo  camiño axeitado aos bos espíritos.


Algunhas persoas cubríanse con peles de animais, máscaras.etc..para despistar aos espíritus e aos fantasmas, o cal daría lugar  ao costume  de disfrazarse actualmente .

Nas noites  de Samaín comezaban a vaciarse as  cabazas colocando unha vela no interior para espantar os malos espíritus.

En Galicia, nesta data, era habitual que a mesa non se recollese despois da cea, por se as almas dos falecidos acudían a visiarnos e tiñan fame para que comeran. Ademáis , deixábase a cheminea con lume por se tiñan frio que se quentasen.

Samaín coñécese tamén como Halloween pero aquí en Galicia é SAMAIN, con  algúns  dos costumes que vos contamos.