Skip to Content

Maio 2019

 

 

Aquí tedes aos gañadores do I Concurso de Elaboración de figuras xeométricas.

A decisión estivo tan complicada para o xurado que este ano decidiu conceder dous accésit:

Premio á mellor elaborada: Roi Muñoz

Premio á máis orixinal: Gema Rodríguez

Premio á máis sofisticada: Tania Bouzas

1º accésit á mellor elaborada: Uxía Prieto

1º accésit á máis sofisticada: María Táboas

PARABÉNS!!!

 

 

 

 CONSTRUÍNDO FIGURAS 
                          
 

O departamento de Matemáticas convoca o I concurso de elaboración de FIGURAS XEOMÉTRICAS que se rexerá polas seguintes bases:

 

No concurso pode participar o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.
 
Participación: individual.
 
Materiais: cartulina, cartón, polipropileno, acetato,… valorarase a resistencia do material empregado.
 
Tamaño: as aristas terán un mínimo de 25cm.
 
O prazo de presentación será do 13 ao 17 maio. O profesorado do departamento realizará a recollida das figuras.
 
O xurado estará composto por un profesor/a do departamento de matemáticas, un profesor/a do departamento de plástica e dous alumn@s
 
PREMIOS:

Un premio para o mellor elaborado.

Un premio para o máis orixinal.

Un premio para o máis sofisticado.

 

                                
 

Nos seguintes enlaces podes atopar modelos de distintos corpos xeométricos:

 

www. polyhedra.net

www.senteacher.org

www.matematicasvisuales.com

 


DE PROCURA NA BIBLIOTECA
 

 
 

Visita a nosa biblioteca e busca as respostas

 Déixaas aquí xunto co teu nome e curso. Pincha sobre a imaxe:

Prazo: martes 14 maio ás 16:00h ata o xoves 30 maio ás 16:00h

Anímate e participa!

 
 
 XORNADA RUBIK 
 

 

 

 
     
   
     
   


page | by Dr. Radut