Skip to Content

Club Lector MERLÍN II (Toda a Comunidade educativa).

Dirixido a toda a Comunidade Educativa: nais, pais, profesorado, alumnado..

O CLUB DE  lectura do  IES Álvaro Cunqueiro denominámolo " Merlín", nome que tamén recibe o blog do que dispoñemos.Un nome que nos remite ao mundo máxico dos libros. Somos o Álvaro Cunqueiro e a nosa Miranda está na biblioteca, nos libros, na lectura.

Desde o Grupo de Biblioteca propoñemos as lecturas que se acompañan de guías  e cuestións que  invitan á reflexión. Acompañamos a lectura con outras actividades como:

  • proxección e visionado de   películas.
  • Cineforum
  • Encontro con escritores.
  • Recitais poéticos.
  • Visitas a determinados espazos relacionados co tema dos libros propostos para lectura.

    As reunións celebraranse o último luns de cada mes ás 18:30.

    Aquí iremos poñendo as actividades, avisos, novas deste Club Lector.

    ¡¡ESTADE ATENTOS!!

    Premede nas notas de máis abaixo para abrilas e poder lelas.

 

AdxuntoTamaño
CLUB DE LECTURA_aviso pais outubro10.pdf65.37 KB
poema con violin.pdf22.71 KB


page | by Dr. Radut