Skip to Content

Encontro con Ledicia Costas

O 17 de xaneiro tivemos no IES Álvaro Cunqueiro a escritora viguesa Ledicia Costas. A actividade estaba dirixida ao alumnado de 1º da ESO, que leu a súa novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Ledicia Costas compartiu connosco o proceso de creación deste libro e as fontes que usou para documentarse. A novela transcorre en Vigo e mestura, xunto cos de ficción, personaxes reais que tiveron un vínculo especial coa nosa cidade. Ledicia lembrounos que Jules Verne estivo en Vigo dúas veces, en 1878 e en 1884. Outro personaxe clave na novela é Sanjurjo Badía, empresario e inventor galego que construíu un submarino, enxeño que hoxe podemos ver no Museo do Mar.

A escritora foi moi amena e próxima cun público que estivo moi atento e participou activamente facéndolle unha chea de preguntas e traendo un ou varios libros para pedirlle a autora unha sinatura.

 



page | by Dr. Radut