Skip to Content

Información sobre os autobuses escolares

Segundo a instrución 6/2017 da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación e ordenación universitaria, do 30 de maio, sobre a xestión do servizo de transporte escolar “só teñen dereito a praza de autobús aqueles rapaces que vivan a 2 kms o máis do instituto”. Así serán usuarios lexítimos deste transporte  o alumnado que cumpra esta condición. As dúas últimas plazas de cada ruta están condicionadas: o alumnado que as ocupa pode perdelas se ao longo do curso chegaran ao centro novos alumnos con dereito lexítimo ao transporte (máis de 2 kms).

Dadas as numerosas solicitudes o Consello Escolar ten aprobados criterios para a selección do alumnado non lexítimo, autorizados pola Inspección de Transporte. As prazas vacantes cubríronse seguindo estes criterios:

 

  • Alumnado cunha discapacidade que non lle permita acudir ao centro andando.

  • Distancia ao centro ata 1,4 km.Terá preferencia o alumnado que viva máis lonxe do centro.

  • Curso a partir de 1,3 km. Terá preferencia o alumnado de menor idade (1º e 2º da ESO)

  • Ante a igualdade de condicións no Consello Escolar sorteouse a inicial do apelido que correspondeu á letra V (caso dos 4 últimos alumnos admitidos da ruta 1 e a primeira alumna da reserva) .

  • Se un alumno non utiliza o autobús habitualmente sen motivo xustificado o centro dispondrá da súa plaza entregándolla ao seguinte da lista.

  • Á primeira queixa do comportamento dun alumno que se reciba en Vicedirección por parte do conductor, que é o responsable durante a ruta, dito alumno será expulsado do autobús 3 días. Se reitera, quedará sen a plaza, que pasará inmediatamente ao seguinte da lista.

 

CONSULTA AQUÍ RUTAS E HORARIOS



page | by Dr. Radut