Curso 2024/25

TAXAS PARA A MATRÍCULA OFICIAL. CURSO 2024/25

 

Ordinaria

Persoal  funcionario docente da consellería de educación

Familia numerosa

categoría    xeral  

Familia numerosa

categoría especial

Vítimas de violencia de xénero, e os seus fillos

Minusvalía

igual ou superior ao 33%

Alumnado novo

non ten expediente aberto en ningunha EOI de Galicia.

127 €

35 €

63,50 €

0 €

0 €

0 €

Alumnado antigo

ten expediente aberto en calquera EOI de Galicia.

105 €

13 €

52,50  €

0 €

0 €

0 €

O alumnado novo que fraccione o pago da matrícula pagará no momento da matrícula 81€, e no mes de febreiro 46€. 

O alumnado antigo que fraccione  o pago da matrícula pagará no momento da matrícula 59€, e no mes de febreiro 46€. 

Ao fraccionar o pago tes que presentar xunto coa matrícula un certificado bancario onde conste o IBAN e que es titular da conta.

 

TAXAS PARA A MATRÍCULA POR COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS. 60 horas de duración.

- Alumnado que non ten aberto expediente en ningunha escola oficial de idiomas de Galicia: 125 euros.

- Alumnado que ten aberto expediente en calquera escola oficial de idiomas de Galicia: 103 euros.

- Se tes dereito a algún desconto ou exención nos prezos da matrícula terás que acreditalo documentalmente. Pincha aquí para ver os posibles descontos no prezo da matrícula.

 

CÓDIGOS PARA A MATRÍCULA NA EOI DE VIVEIRO:

  • Consellería: 07
  • Servizo: 03
  • Delegación: 20 (NON POÑER NUNCA CELEIRO)
  • Taxa: 350800

 O pagamento poderase realizar de dúas maneiras:

  1. Telemático: O pagamento poderase realizar a través de internet; preme neste enlace para seguir as instrucións resumidas pola escola. Unha vez pagado, primeiro poderás descargar o teu xustificante persoal de pago (non é necesario). Debes premer no botón continuar e descargarás o MODELO 730, que é  que debes presentar. O pagamento poderase realizar en calquera das entidades financeiras que veñen relacionas no anexo VII da Orde do 30 de xuño de 1992.
  2. Presencial: Recollendo o impreso na secretaría da escola (modelo E) ou xerando e descargando o modelo AI de autoliquidación de taxas (enlace) seguindo a ruta INICIAR TAXA - DESCARGAR MODELO EN BRANCO, e pagando na entidade bancaria.