Obxectivos Xerais do Centro.
Entendemos que toda a comunidade educativa ten que establecer uns obxectivos mínimos ao longo do curso. Polo tanto, expoñemos os que son de ámbito xeral, os referidos ao alumnado e os que competen aos pais/nais.
Descargar
Normas de Organización e Funcionamento e Convivencia
As N.O.F.C do Centro, regulando os dereitos e deberes do alumnado e demáis membros da Comunidade Educativa, deben propiciar o clima de responsabilidade, traballo e esforzo que permita que todos eles obteñan os mellores resultados do proceso educativo. E, ao mesmo tempo, a adquisición de valores, hábitos e actitudes para lograr unha axeitada incorporación na vida adulta.
Horario de Atención a Nais e Pais.
O bo funcionamento da Escola depende de todos nós. Para que as familias sexan coñecedoras dos progresos dos seus fillos/as, establécese por lei o horario de atención a nais e pais que será os martes de 16:00 a 17:00. Para unha atención máis individualizada, requírese previa cita.
Plan Dixital do Centro