Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

covid

Actualización protocolo COVID 14-01-22

O CRA A Tarandeira informa das recentes modificacións do Protocolo COVID con data de 14/01/22 a seguir nos centro educativos. Podedes consultalas na seguinte ligazón:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/545/ESCOLAS_Protocolo_...

 

Distribución de máscaras a alumnado de Ed. Primaria

A Consellería deCultura, Educación e Universidade publicou, no DOG de venres 12 de novembro, ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

 

Alumnado destinatario: Alumnado matriculado en Educación Primaria (non Educación Infantil)

a) Non é preciso que presente solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e que

cumpra algún dos seguintes requisitos:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € ( Renda fiscal do 2019).

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • De xeito presencial no centro, con cita previa.

  • Prazo presentación:  desde o 15 ata o 26 de novembro 2021 ambos os dous incluídos.

  • Formulario de solicitude (Anexo I)A solicitude terá que vir debidamente cuberta e asinada, xunto coa copia e orixinal de toda a documentación achegada.

  • Documentación complementaria: Fotocopia do libro de familia e Anexo II de comprobación de datos de membros computables da unidade familiar. 

As listaxes provisionais publicaránse no taboleiro interior do centro o 30 de novembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.  

Curso 2021-22: Plan de adaptación á situación Covid-19 do CRA de Coristanco - Santa Comba

Preme aquí para accederes ao Plan de Adaptación Covid19 do noso centro.

Formación dixital para as familias

Presentámosvos unha serie de vídeotitoriais que esperamos vos sexan de axuda para saber como podedes acceder á Aula Virtual do noso centro, á Aula Virtual Santillana para @s alumn@s de Primaria e como instalar e utilizar a aplicación abalarMóbil.

Preme na imaxe para accederes ao contido

Distribución de máscaras alumnado de Educación Primaria

Desde o 30/11/2020 pódense consultar as listaxes de admitidos no taboleiro da secretaría do CRA.

 

Distribución máscaras entre alumnado de Educación Primaria

A Consellería deCultura, Educación e Universidade publicou, no DOG de venres 13 de novembro, ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

Alumnado destinatario: Alumnado matriculado en Educación Primaria (non Educación Infantil)

a) Non é preciso que presente solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que

cumpra algún dos seguintes requisitos:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € ( Renda fiscal do 2018).

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • De xeito presencial no centro, con cita previa.

  • Prazo presentación:  desde o 16 ata o 27 de novembro 2020 ambos os dous incluídos.

  • Formulario de solicitudeA solicitude terá que vir debidamente cuberta e asinada, xunto coa copia e orixinal de toda a documentación achegada.

As listaxes provisionais publicaránse no taboleiro interior do centro o 30 de novembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.  

Plan de Ensino Virtual

Este é o Plan de Ensino Virtual que se incorpora ao Plan de Continxencia do centro para o caso dun peche ou confinamento parcial do centro. Nel contéñense os "horarios espello", os horarios que terían o alumnado e profesorado no caso de ensino a distancia. Incorpora as medidas do Anexo I da Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021.

Plan de adaptación á situación Covid-19 do CRA de Coristanco - Santa Comba

Preme aquí para accederes ao Protocolo Covid do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut