Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Día internacional da paz e a non violencia no CRA A Tarandeira

Hoxe 30 de xaneiro celébrase o Día internacional da paz e a non violencia. Queredes escoitar a nosa proposta? Premede na imaxe para ver o vídeo.

 

Reserva de praza en centro adscrito


Este trámite de reserva de praza é exclusivo para o alumnado de 2º de Ed.Primaria que o vindeiro curso 2023-24 continuará a etapa nos centros adscritos: CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba e CPI de San Vicente da Baña.

O período de reserva de praza comeza o 16 de xaneiro e remata o 6 de febreiro.

Formas de reservar praza en centro de adscrición:

Secretaría do CRA: Cumprimentando o Anexo I e I bis de reserva de praza que vos foi facilitado e entregándollo de volta ás titoras das escolas que nolo farán chegar.

Por Internet: A través da aplicación admisionalumnado ou da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550A).

 


 

NOTA ACLARATORIA: O procedemento de admisión de novo alumnado no CRA de Coristanco - Santa Comba terá lugar do 1 ao 20 de marzo. Deste procedemento daremos cumprida información previamente ao seu inicio.

Merry Christmas and a Happy New Year!!

Preme na imaxe para accederes ao vídeo

Consellos para un Nadal sostible

Os nenos e nenas do CRA fixeron un pequeno anuncio de Nadal no marco do noso proxecto anual  "A Tarandeira sostible". Miradeo con moita atención porque nos dan uns consellos moi, moi sostibles. Premede na imaxe para velo.

  



by Dr. Radut